Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 14 de xullo de 2016 Páx. 30554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato dun servizo integral de helicópteros e brigadas helitransportadas destinados á prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, proposta 4/16-I (expediente 14/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo integral de helicópteros e brigadas helitransportadas destinados á prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018 (proposta 4/16-I).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24028

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 19 de marzo de 2016, BOE do 31 de marzo de 2016 e DOG núm. 67, do 8 de abril de 2016.

e) División por lotes e número: si; lote 1: helicópteros de tipo lixeiro co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes; lote 2: helicópteros de tipo medio co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe total: 13.315.789,68 € (exento de IVE), cuxa distribución por anualidades é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Valor estimado: 36.628.224,96 € (incluídas posibles prórrogas e ampliacións).

5. Financiamento: fondos propios libres.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

Lote 1: helicópteros de tipo lixeiro co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes

a) Data da resolución de adxudicación: 20 de maio de 2016.

b) Adxudicataria: UTE Inaer Galicia, S.L.-Consultoría Natutecnia, S.L.

c) Importe: 4.746.480,00 € (exento de IVE).

d) Data de formalización do contrato: 16 de xuño de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Lote 2: helicópteros de tipo medio co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes.

a) Data da resolución de adxudicación: 20 de maio de 2016.

b) Adxudicataria: UTE Inaer Galicia, S.L.-Inaer Helicópteros, S.A.U..-Consultoría Natutecnia, S.L.

c) Importe: 7.080.320,00 € (exento de IVE).

d) Data de formalización do contrato: 16 de xuño de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta presentada e cumpre os requisitos sinalados nos pregos.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2016

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural