Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2016 pola que se fai pública a formalización dun contrato mixto, suxeito a regulación harmonizada (expediente 2/2015/CNTSE).

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

«Xestión indirecta do servizo portuario de recepción de refugallos xerados por buques, servizo de recollida, transporte e xestión de refugallos perigosos nos portos e servizo de limpeza, recollida, transporte e xestión de residuos perigosos na lámina de auga, nos portos dependentes de Portos de Galicia no sector norte».

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Desenvolvemento e Estratexia Portuaria.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Número de expediente: 2/2015/CNTSE.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23424

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: mixto (prestación de servizos e xestión de servizo público).

b) Descrición: o presente contrato ten por obxecto a prestación dos servizos indicados no número 4.1 do CCC, axustándose aos termos definidos no PPT.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90510000.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea: 2 de outubro de 2015; Boletín Oficial del Estado: 10 de outubro; Diario Oficial de Galicia: 5 de outubro.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, sistema multicriterio e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 288.809,09 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 196.915,29 euros. Imposto sobre o valor engadido (21 %): 41.352,21 euros. Importe total: 238.267,50 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20 de maio de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 23 de xuño de 2016.

c) Contratista: Procesoil, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 155.563,08 euros. Imposto sobre o valor engadido (21 %): 32.668,25 euros. Importe total: 188.231,33 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa. Porcentaxe de redución dos importes das tarifas fixadas no PPT: 17 %.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia