1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar):
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de subministración.
b) Descrición do obxecto: subministración dun equipo de espectrometría de masas con plasma de acoplamento indutivo (ICP-MS) na Unidade de Metais Pesados do Intecmar.
c) Prazo de execución: o prazo de execución será de 30 días naturais, desde o día seguinte á formalización do contrato (o prazo menor ofertado polo licitador).
d) Admisión de prórroga: non.
e) CPV: 33190000-8.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto non suxeito a regulación harmonizada (documentalmente simplificado).
Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).
4. Orzamento de licitación.
a) Importe neto: 135.000,00 €; IVE (21 %): 28.350,00 €, importe total: 163.350,00 €.
b) Valor estimado: 135.000,00 €.
5. Financiamento: fondos propios.
6. Requisitos específicos do contratista.
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas epígrafes F e G da folla de especificacións do prego.
7. Garantía exixida. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), Xerencia do Intecmar.
b) Domicilio: Peirao de Vilaxoán, s/n. 36611-Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
c) Teléfonos: 986 51 23 20 e 986 51 23 22 (consultas administrativas e técnicas).
d) Telefax: 986 51 23 00.
e) Enderezo electrónico: administracion@intecmar.org
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación de ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/
9. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina do Rexistro do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), Peirao de Vilaxoán, s/n, 36611 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío da oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax, fax (981 51 23 00), ou correo electrónico (administracion@intecmar.org).
d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Dirección do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).
b) Localidade e código postal: Peirao de Vilaxoán, s/n, 36611 Vilagarcía de Arousa.
c) Datas e horas: a data e a hora que se indique na páxina web expresada no punto 8.g) deste anuncio.
11. Gastos de publicación: serán por conta do/s adxudicatario/s.
Vilaxoán, 7 de xullo de 2016
Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia