Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Rosal (expediente IN407A 2016/104-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Título: subestación O Rosal 132 kV; blindaje parque de 20 kV y renovacion aparamenta en el parque de 132 kV.

Situación: O Rosal.

Características técnicas: reforma da subestación O Rosal 132 kV consistente en:

– Blindaxe do parque de 20 kV, que pasará ao interior dun edificio prefabricado e estará composto por celas blindadas, configuración en simple barra e illamento en SF6.

– Substitución no parque de 132 kV dos interreuptores e seccionadores de barras das posicións de transformador 103 e 104.

– Substitución do transformador de servicios auxiliares, por un de 50 kVA, r.t. 20 kV/400 V.

A instalación está situada no lugar de Cunchada, O Rosal.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 3 de xuño de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra