Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oroso (expediente IN407A 2015/121-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Maderas Otero de Oroso, S.L.

Domicilio social: Mariñaos, 10,15688 Oroso.

Título: LMT 20kV e CT de 400 kVA.

Situación: Mariñaos, 10, 15688 Oroso.

Características técnicas: liña de media tensión aérea de 20 kV, de 20 metros de lonxitude, condutor tipo LA-56.

Liña de media tensión soterrada de 20 kV, de 400 metros de lonxitude, condutor tipo RHZ1 12/20 kV 1×150 mm2 Al.

Centro de transformación de 400 kVA, en caseta prefabricada, coas seguintes celas e transformador:

– Entrada/saída CGMCOSMOS-L interrutor-seccionador.

– Protección xeral CGMCOSMOS-P protección fusibles.

– Medida CGMCOSMOS-M medida.

Transformador aceite de 24 kV, grupo de conexión Dyn11.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 16 de xuño de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña