Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do depósito dos estatutos do sindicato Cotecri.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos neste, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral depositáronse os estatutos do sindicato Cotecri, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: traballadores que presten servizos por conta de empresas ou traballadores autónomos ao seu servizo ou por conta propia no seu ámbito de actuación. Tamén se incluirán os estudantes en idade laboral e os xubilados ainda que con dereitos limitados.

Asinan a acta de constitución: José Benito García Ares, Alejandro Aradas Valeiro e José Manuel Santos Pan.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego