Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31253

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cangas

EDICTO (563/2012).

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

Sentenza: 181/2013.

Xuízo ordinario: 563/2012.

Sentenza.

Cangas do Morrazo, 13 de decembro de 2013.

Vistos por min, Alejandra Iglesias Cereijo, xuíza titular do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Cangas do Morrazo, os autos do xuízo ordinario 563/2012, instando por Tigalma, S.L., Xestión Urbanística Galcosta, S.L., representado polo procurador dos tribunais José Antonio González García, e asistida de letrado Sr. Miguel Francisco Costas Díaz. Contra Lamas-Ramos e Fernandes, S.L. que está declarado en situación de rebeldía procesual.

Decido:

Estímase a demanda interposta por Xestión Urbanística Galcosta, S.L. e Tigalma, S.L. representada polo procurador dos tribunais Sr. González García, contra Lamas-Ramos e Fernandes, S.L. que está declarado en situación de rebeldía procesual.

Declárase resolto o contrato de permuta con data do 24 de agosto de 2006 celebrado entre Gestión Urbanística Galcosta, S.L. e Tigalma, S.L. e Lamas Ramos e Fernandes, S.L.

Anúlase a escritura pública con data do 22 de xuño de 2007.

Condénase a Lamas Ramos e Fernandes, S.L. a entregar a Gestión Urbanística Galcosta, S.L. e Tigalma, S.L. os terreos obxecto de permuta.

Imposición de custas ao demandado.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, indicando que esta non é firme e contra ela cabe recurso de apelación. Advertíndolle da necesidade de constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado.

Así o acordo, mando e asino.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Lamas-Ramos e Fernandes, S.L., esténdese a presente para que sirva de notificación en forma a estes.

Cangas de Morrazo, 12 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza