Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a formalización do contrato do servizo de xestión de residuos sanitarios perigosos (clases III, IV e V), mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria (expediente AB-EIV1-16-006).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego da Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de xestión de residuos sanitarios perigosos (clases III, IV e V).

c) División por lotes: non.

d) CPV: 90510000-5 e 90520000-8.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 2.3.2016, 14.3.2016 e 10.3.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 429.782,85 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 179.076,19 €. IVE: 17.907,62 €. Importe total: 196.983,81 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 11.5.2016.

b) Data de formalización: 8.6.2016.

c) Contratista: SRCL Consenur, S.L.

d) Importe de adxudicación: 187.848,18 €, IVE incluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Vigo, 17 de xuño de 2016

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo