Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración sucesiva de sistemas de infusión para bombas volumétricas (expediente MS-ASF1-15-012).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións.

c) Número de expediente: MS-ASF1-15-012.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de sistemas de infusión para bombas volumétricas.

c) Lotes (se é o caso): lote único.

d) CPV (Referencia de nomenclatura): 33194110-0; 33194120-3.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Boletíns ou diarios oficiais e datas de publicación dos anuncios de licitación:

– DOUE 2015/S 162-296154, do 22 de agosto de 2015.

– BOE nº 220, do 14 de setembro de 2015.

– DOG nº 169, de 4 de setembro de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 289.440,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 120.600,00 euros.

Importe total: 145.926,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27 de maio de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 16 de xuño de 2016.

c) Contratistas: Hospira Productos Farmacéuticos y Hospitalarios, S.L.

d) Importes de adxudicación:

– Importe adxudicado sen IVE: 118.800,00 euros.

– Importe adxudicado con IVE: 143.748,00 euros.

Ferrol, 21 de xuño de 2016

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol