Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se notifica a resolución do expediente 011/2010 AT, correspondente á autorización da instalación de distribución eléctrica denominada LAT 132 kV subestación Ludrio-subestación Meira, que transcorre polos termos municipais de Castro de Rei, Pol e A Pastoriza (Lugo) e promove Viesgo Distribución Eléctrica, S.L.

O 25 de abril de 2016 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola cal se outorgou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, se declarou a utilidade pública, en concreto, e a compatibilidade co permiso de investigación Carla número 5821 e coa solicitude de concesión de explotación Pol Fracción Quinta número 5527.5, da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LAT 132 kV subestación Ludrio- subestación Meira, que transcorre polos termos municipais de Castro de Rei, Pol e A Pastoriza (Lugo) e promove Viesgo Distribución Eléctrica, S.L. (expediente 011/2010 AT).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles a resolución antes referida aos seguintes titulares de predios afectados: Antonio Barreiro Val, Isabel Lenza Cabana, María Isabel Pardo Fernández, Milagros Sandamil Rodríguez, herdeiros de Benito Álvarez e herdeiros de Josefa Jinzo Díaz.

Estes interesados poderán recoller a notificación da resolución mediante comparecencia, nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Contra a referida resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou polo transcurso do prazo establecido no parágrafo anterior sen que o interesado compareza.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas