Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31378

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 183/2016-BPB).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 183/2016

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 483/2015, Xulgado do Social número 3 de Ourense

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogada: Ana María Moreno Lugrís

Recorridos: Construcciones Javier Sueiro, S.L., INSS e TXSS

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 183/2016 desta sección, seguido por instancia da aseguradora Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Construcciones Javier Sueiro, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre outros dereitos seguridade social, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Decidimos que debemos estimar e estimamos o recurso interposto pola Mutua Gallega contra a sentenza do 23 de setembro de decembro do ano 2012 ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña en proceso promovido pola demandante Mutua Gallega contra a empresa e outros, e, revogando a sentenza impugnada, declaramos a responsabilidade empresarial en relación coa prestación de lesións permanentes invalidantes, e condenámola a aboar á Mutua Gallega o importe correspondente á devandita prestación recoñecida ao traballador accidentado.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Sueiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza