Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31380

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (603/2015).

José Luis Pérez García, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Camilo Álvarez Pérez, Begoña Castro Iglesias fronte a Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, Mundo Mágico Tours, S.A. e Espinaquer 2001, S.L. ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza

Maxistrado xuíz: Jorge Martínez Vázquez

Demandante: Camilo Álvarez Pérez e Begoña Castro Iglesias

Procuradora: Sra. Cobas Riveiro

Avogado: Sr. Vázquez Mato

Demandados: Espinaquer 2001, S.L. (en rebeldía procesual), Mundo Mágico Tours, S.A. (en rebeldía procesual) e Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. (1)

Procurador: Sr. García-Piccoli Atanes (1)

Avogada: Sra. Carralero Alonso, na vista Sra. Rodríguez Seoane (1)

Xuízo verbal 603/2015 sobre resolución de contrato.

En Santiago de Compostela o 22 de xaneiro de 2016.

Resolución,

Estimar substancialmente a demanda interposta por Camilo Álvarez Pérez e Begoña Castro Iglesias, fronte a Espinaquer 2001, S.L., en rebeldía procesual, fronte a Mundo Mágico Tours, S.A., en rebeldía procesual, e fronte a Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., representado polo Sr. García-Piccoli Atanes, cos seguintes pronunciamentos:

1º. Declaro a resolución do contrato de aproveitamento por quenda subscrita polos demandantes con Espinaquer 2001, S.L. e Mundo Mágico Tours, S.A. o 20 de setembro de 2001.

2º. Declaro a resolución do contrato de financiamento vinculado ao anterior subscrito polos demandantes co Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. o 16 de outubro de 2001.

3º. Condeno o Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. a aboar aos demandantes 4.909,96 euros, con máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda (o 31 de xullo de 2015), e con obriga de realizar as xestións oportunas para a baixa dos demandantes en rexistros de solvencia e patrimonio ou de morosos en que se tivesen incluído por instancia do banco por razón de débedas derivadas do contrato de financiamento resolto.

Todo iso con imposición de custas aos demandados.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado para a Audiencia Provincial dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución.

Para a interposición do recurso de apelación será necesaria a constitución previa de depósito de 50 euros, que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións do xulgado, debendo xustificarse a consignación no momento de presentar o escrito de interposición. Se o recurso se estimar total ou parcialmente restituirase o depósito, que se perderá para sufragar as actividades do Ministerio de Xustiza e Comunidades Autónomas en caso de desestimación total. Quedan exentos os que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta, así como o Ministerio Fiscal, administracións públicas e organismos autónomos.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo. Jorge Martínez Vázquez, maxistrado-xuíz deste xulgado.

E encontrándose o devandito demandado, Mundo Mágico Tours, S.A., Espinaquer 2001, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2016

O secretario xudicial