Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31382

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia

EDICTO (ORD 201/2015)

Miguel Gendra Rey, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Noia, fai saber que neste xulgado se segue, por instancia de José García López e Manuela Bello Liste, demanda de procedemento ordinario fronte a A Vila Desarrollos Urbanísticos, Sociedad Limitada, en que se ditou sentenza estimatoria do 2.4.2016, coa seguinte parte dispositiva:

«Acordo estimar integramente a demanda interposta por José García López e Manuela Bello Liste, representados pola procuradora Mercedes Treus Blanco e asistidos pola letrada María José Trigo Oubiña, fronte a A Vila Desarrollos Urbanísticos, S.L., en situación de rebeldía procesual, e, en consecuencia:

1º. Declaro resolto o contrato de permuta formalizado entre as partes neste procedemento, en escritura pública do 4 de abril de 2007.

2º. Condeno a demandada a lle restituír á demandante a propiedade do predio obxecto do contrato de permuta formalizado en escritura pública do 4 de abril de 2007, para o cal deberá outorgar as escrituras públicas que sexan necesarias para tal fin e inscribir no Rexistro da Propiedade a dita restitución, así como a aboar os gastos derivados da dita restitución.

Todo isto con imposición das custas procesuais á demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado e para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación, no prazo de vinte días contado a partir do seguinte ao da notificación desta resolución, logo de consignación do preceptivo depósito.»

E como consecuencia do ignorado paradoiro de A Vila Desarrollos Urbanísticos, Sociedad Limitada, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Noia, 8 de xuño de 2016

O letrado da Administración de xustiza