Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31753

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

CORRECCIÓN de erros. Orde do 4 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e de programas que desenvolverán as corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2016-2017, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo 2014-2020.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 135, do luns 18 de xullo de 2016, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 31169, no cuarto parágrafo, onde di:

«A percepción destas axudas é incompatible coa percepción de calquera outra axuda pública para o mesmo programa. Isto significa que a parte da xornada que un posto de traballo dedica aos programas obxecto desta convocatoria financiarase exclusivamente con estas axudas, e no seu caso, con achegas da propia corporación local, sen prexuízo de que ese mesmo posto de traballo poida estar tamén financiado por outras subvencións ou axudas públicas na parte da xornada non imputada a estes programas.»

Debe dicir:

«Artigo 12. Incompatibilidade das axudas

A percepción destas axudas é incompatible coa percepción de calquera outra axuda pública para o mesmo programa. Isto significa que a parte da xornada que un posto de traballo dedica aos programas obxecto desta convocatoria financiarase exclusivamente con estas axudas, e no seu caso, con achegas da propia corporación local, sen prexuízo de que ese mesmo posto de traballo poida estar tamén financiado por outras subvencións ou axudas públicas na parte da xornada non imputada a estes programas.»