Antecedentes.
A Lei 8/2013, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia. Os obxectivos da dita estratexia eran o desenvolvemento duns sistemas de transporte que reduzan ao mínimo as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.
Os beneficios esperados co fomento da mobilidade alternativa son o uso de modos de transporte non motorizados, mellora da mobilidade, da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar, da economía, do patrimonio e do urbanismo.
Con data do 7 de marzo de 2016 a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou o documento de Fomento da Mobilidade Sostible: sendas peonís e/ou ciclistas na comarca de Vigo, onde unha das sendas propostas era un itinerario peonil e ciclista na PO-331, que agora se desenvolve mediante o proxecto construtivo Itinerario peonil e ciclista na PO-331. Treito: Atín, p.q. 1+890-2+810, de clave PO/16/104.06. O dito proxecto ten por obxecto a mellora da circulación peonil e ciclista nun treito da estrada PO-331; infraestrutura viaria que conecta o núcleo urbano do Porriño, así como o seu contorno industrial, coa zona de Val Miñor (Gondomar), e por extensión coa zona costeira da Ramallosa (Nigrán).
As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións:
– Construción dunha senda peonil e ciclista na marxe esquerda da estrada PO-331, dando continuidade ao itinerario peonil existente desde o núcleo urbano do Porriño.
– Mellora do itinerario peonil e ciclista de acceso ao CEIP Atín.
– Mellora da accesibilidade no itinerario peonil, mediante beirarrúas na marxe dereita da PO-331.
– Ampliación da intersección e construción dun cambio de sentido.
– Implantación da rede de saneamento no núcleo de Atín.
Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,
RESOLVO:
Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.
Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.
Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (rúa Fernández Ladreda, 43, 1º-4º, 36071 Pontevedra), na Casa do Concello de Mos (rúa Reguengo, s/n, 36416 Petelos, Mos, Pontevedra) e na Casa do Concello de Porriño (rúa Antonio Palacios, 1, 36400 O Porriño, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://www.civ.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2016
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Proxecto de construción: Itinerario peonil e ciclista na PO-331.
Treito: Atín, p.q. 1+890-2-810.
Clave: PO/16/104.06.
Nº de orde |
Referencia catastral |
Polígono |
Parcela |
Titular |
Superficie expropiación tipo rural |
Cultivo |
Bens e observacións |
1 |
36039A01000011 |
010 |
00011 |
Bacelo Ramilo, M. Jesusa |
26 |
C - Labor ou labradío secaño |
4 m.l. malla de peche |
2 |
36039A01000010 |
010 |
00010 |
Descoñecido |
14 |
C - Labor ou labradío secaño |
|
3 |
36039A01000009 |
010 |
00009 |
Alonso Ramilo, Nieves |
28 |
C - Labor ou labradío secaño |
|
4 |
36033A06206001 |
062 |
06001 |
Garrido Alonso, José Ángel e outros |
59 |
MT - Matogueira |
|
5 |
36033A07200577 |
072 |
00577 |
Durán López, Ángeles |
37 |
I - Improdutivo |
|
6 |
36033A07200576 |
072 |
00576 |
Ramírez Lago, Dolores e outros |
28 |
I - Improdutivo |
|
7 |
36033A07200575 |
072 |
00575 |
Ramírez Costas, M. Carmen |
26 |
I - Improdutivo |
|
8 |
36033A07200574 |
072 |
00574 |
Lago Lorenzo, Daniel |
64 |
MM - Piñeiral madeireiro |
|
9 |
36033A07200573 |
072 |
00573 |
Lago Lorenzo, Cándida |
66 |
MM - Piñeiral madeireiro |
|
10 |
36033A07200571 |
072 |
00571 |
Represas Pereiro, M. Esther |
274 |
MT - Matogueira |
|
11 |
36033A07200570 |
072 |
00570 |
Pereiro Lorenzo, Narciso Ramón |
58 |
I - Improdutivo |
|
12 |
36033A07200567 |
072 |
00567 |
Rodríguez González, José Luis |
39 |
I - Improdutivo |
|
13 |
36033A07200566 |
072 |
00566 |
Pérez Lago, María |
67 |
MT - Matogueira |
|
14 |
36033A07200565 |
072 |
00565 |
González da Graza, Santiago e outro |
3 |
C - Labor ou labradío secaño |
|
15 |
36033A07200555 |
072 |
00555 |
Almacén Nos 93, S.L. |
31 |
C - Labor ou labradío secaño |
|
16 |
36033A07200554 |
072 |
00554 |
Descoñecido |
46 |
C - Labor ou labradío secaño |
|
17 |
36033A07200498 |
072 |
00498 |
Alonso Alonso, Elisa |
3 |
C - Labor ou labradío secaño |
|
18 |
36033A07200490 |
072 |
00490 |
Represas, Carmen |
10 |
C - Labor ou labradío secaño |
|
19 |
36033A07200488 |
072 |
00488 |
Rodríguez Rodríguez, Juan |
16 |
PD - Prados ou pradarías |
|
20 |
36033A07200487 |
072 |
00487 |
Ledo Barreiro, Jorge |
41 |
PD - Prados ou pradarías |
|
21 |
36033A07200486 |
072 |
00486 |
Avendaño Vázquez, Matilde A. |
9 |
I - Improdutivo |
|
22 |
36033A07100467 |
071 |
00467 |
Alonso Táboas, Manuel |
97 |
I - Improdutivo |
11 m3 muro de pedra. 38 m2 emparrado |
23 |
36033A07109023 |
071 |
09023 |
Industrias Frigoríficas del Louro, S.A. |
408 |
I - Improdutivo |
|
24 |
36033A07200593 |
072 |
00593 |
Alonso Taboas, Celso |
0 |
I - Improdutivo |
|
25 |
36033A07200594 |
072 |
00594 |
Lorenzo Alonso, Manuel |
0 |
I - Improdutivo |
Afeccións en dominio público |
26 |
36033A07200498 |
072 |
00498 |
Alonso Alonso, Elisa |
0 |
I - Improdutivo |
Afeccións en dominio público |
27 |
36033A07200491 |
072 |
00491 |
Táboas Rodríguez, Rosa |
0 |
I - Improdutivo |
Afeccións en dominio público |
28 |
360033A07200492 |
A07 |
20049 |
Descoñecido |
0 |
I - Improdutivo |
Afeccións en dominio público |
29 |
360033A07200596 |
A07 |
20059 |
Descoñecido |
0 |
I - Improdutivo |
Afeccións en dominio público |
30 |
36033A07200497 |
072 |
00497 |
Ramírez Costas, José Ramón |
0 |
I - Improdutivo |
Afeccións en dominio público |
31 |
36033A07100466 |
071 |
00466 |
Sorodio Rodríguez, José |
0 |
I - Improdutivo |
Afeccións en dominio público |
Nota: as parcelas 1, 2 e 3 pertencen ao Concello de Mos, a pesar de que figuran como do Concello do Porriño na cartografía da Xerencia Territorial do Catastro.