Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de xullo de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción dun itinerario peonil e ciclista na AC-116, treito Río do Pozo-AC-114, p.q. 4+120-6+500, de clave AC/16/061.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes.

A Lei 8/2013, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas, teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia. Os obxectivos da dita estratexia eran o desenvolvemento duns sistemas de transporte que reduzan ao mínimo as repercusións sobre o ambiente, e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados co fomento da mobilidade alternativa son o uso de modos de transporte non motorizados, mellora da mobilidade, da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar, da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Con data do 20 de maio de 2016, a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou o documento de Fomento da Mobilidade Sostible: sendas peonís e/ou ciclistas na comarca de Ferrol, onde unha das sendas propostas era un itinerario peonil e ciclista na AC-116, que agora se desenvolve mediante o proxecto construtivo Itinerario peonil e ciclista na AC-116. Treito: Río do Pozo-AC-114, p.q. 4+120-6+500, de clave AC/16/061.06. O dito proxecto ten por obxecto a execución dunha senda compartida peón-bici desde a intersección coa estrada DP-5408, que une a estrada AC-116 co polígono de Río do Pozo, e a parada do autobús existente no núcleo do Cruceiro, no termo municipal de Narón.

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións:

– Reposición e ampliación da drenaxe existente.

– Execución de foxos para dar continuidade á drenaxe lonxitudinal.

– Execución de treitos en voadizo mediante pasarela de madeira.

– Realización dun prisma de servizos para futuras canalizacións.

– Sinalización horizontal.

– Mellora e recuamento da sinalización vertical.

– Colocación de proteccións peonís.

– Reposición de sistemas de contención e de balizamentos.

– Reposición de servizos públicos e privados.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (rúa San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) e na Casa do Concello de Narón (praza de Galicia, s/n, 15570 Narón, A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://www.civ.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción: Itinerario peonil e ciclista na AC-116.

Treito: Río do Pozo-AC-114, p.q. 4+120-6+500.

Clave: AC/16/061.06.

Concello de Narón.

Nº orde

Referencia

catastral

Titular

Superficie expropiación (m2)

Tipo de solo

Cultivo

Bens

1

3920809NJ6231S

García Rey, José e López Tenreiro, Juana

76

Núcleo rural

Solo sen edificar

2

3920808NJ6231S

Dopico Sanesteban, Ricardo

8

Núcleo rural

Solo sen edificar

3

3920807NJ6231S

Prieto Fernández, Isabel

12

Núcleo rural

Residencial

4

3920806NJ6231S

Criado Permuy, Manuel

10

Núcleo rural

Solo sen edificar

5

3920805NJ6231S

Permuy García, Amelia e Criado Permuy, Manuel

41

Núcleo rural

Solo sen edificar

6

3920804NJ6231S

Rey Montero, Amalia (herdeiros de)

26

Núcleo rural

Industrial

7

3920803NJ6231S

Doce Testa, Josefina

20

Núcleo rural

Residencial

8

3920802NJ6231S

García Yáñez, Francisco y Blanco Ponte, María Pilar

13

Núcleo rural

Residencial

9

3920801NJ6231S

Fernández Mosquera, Carlos José (herdeiros de)

15

Núcleo rural

Residencial

10

3823708NJ6232S

Lamas Santiago, Ana María

16

Núcleo rural

Residencial

11

3823707NJ6232S

Paredes García, José Luis e Gómez Rey, Josefa

3

Núcleo rural

Residencial

12

3823706NJ6232S

Freire García, Eva María

8

Núcleo rural

Solo sen edificar

13

3823710NJ6232S

Aneiros García, Francisco

4

Núcleo rural

Solo sen edificar

14

3823705NJ6232S

García Blanco, Avelina (herdeiros de)

15

Núcleo rural

Residencial

15

3823704NJ6232S

García Rey, José

248

Núcleo rural

Residencial

16

3823702NJ6232S

Jiménez Berral, Antonio

106

Núcleo rural

Solo sen edificar

17

3823701NJ6232S

Jiménez Berral, Antonio

73

Núcleo rural

Solo sen edificar

18

15055A01500142

Jiménez Berral, Antonio

65

Rústico

Prados ou pradeiras

19

15055A51800531

Vilariño Piñeiro, Mª de los Ángeles

50

Rústico

Labor ou labradío secaño

20

3926406NJ6232N

Fernández Lago, Josefa

53

Núcleo rural

Residencial

20 m peche bloque balaustrada

13 m2 cobertizo

1 traslado portal 1 folla

1 traslado portal 2 follas

21

3926405NJ6232N

Gato López, María Ángeles

12

Núcleo rural

Solo sen edificar

22

3926404NJ6232N

Fernández Blanco, Luis e Vega Pérez, María Begoña

18

Núcleo rural

Residencial

23

3926403NJ6232N

López Bello, Casimiro

30

Núcleo rural

Residencial

24

3926402NJ6232N

Regueira González, Andrés Manuel e outros

100

Núcleo rural

Residencial

25

3927501NJ6232N

Gómez Rey, María Rosa

36

Núcleo rural

Residencial

26

15055A51800521

Fernández Lago, Nieves

38

Rústico

Labor ou labradío secaño

27

15055A51802718

Veiga Fortuna, Julio (herdeiros de)

69

Rústico

Labor ou labradío secaño

28

15055A51800520

Casal López e Gómez López, L.

82

Rústico

Labor ou labradío secaño

29

15055A51800505

Díaz Carro, Julio

25

Rústico

Prados ou pradeiras

30

4031905NJ6243S

Castro Fernández, Ramón

39

Núcleo rural

Solo sen edificar

31

4031907NJ6243S

Pérez Santiago, Manuela e outros

53

Núcleo rural

Residencial

32

4031901NJ6243S

Fernández Ocampo, María del Carmen (herdeiros de)

147

Núcleo rural

Residencial

33

4034705NJ6243N

Piñeiro Fernández, Manuel Francisco e Rodríguez Vázquez, Rosa María

189

Núcleo rural

Residencial

34

4034704NJ6243N

Salas Mnez., Armando F.

126

Núcleo rural

Residencial

35 m peche de bloque

23 m peche bloque balaustrada

35

4034706NJ6243N

Descoñecido

64

Núcleo rural

Residencial

25 m peche bloque balaustrada

36

4034703NJ6243N

Díaz Sixto, Luis e Gavela Piñeiro, Aurora Isabel

184

Núcleo rural

Residencial

65 m peche bloque verxa

37

4034701NJ6243N

Casal García, Luz María e outros

63

Núcleo rural

Residencial

38

4138221NJ6243N

Rey Leal, María Begoña e outros

77

Núcleo rural

Residencial

39

4138230NJ6243N

Montero López, Marcelino (herdeiros de)

43

Núcleo rural

Residencial

40

4138231NJ6243N

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

56

Núcleo rural

Solo sen edificar

41

4138220NJ6243N

Grandal Dopico, Manuel

80

Núcleo rural

Residencial

42

4138229NJ6243N

López Orjales, Feliciano e Casal García, María Isabel

39

Núcleo rural

Residencial

18 m peche bloque balaustrada

43

4138219NJ6243N

Grandal Grandal, Josefa e outros

64

Núcleo rural

Residencial

44

4138218NJ6243N

Rey Martínez, María Teresa (herdeiros de)

41

Núcleo rural

Residencial

22 m peche bloque balaustrada

1 traslado portal 1 folla

2 traslado portal 2 follas

45

4138217NJ6243N

Abelleira Serantes, Emiliano e outro

46

Núcleo rural

Residencial

24 peche bloque verxa

1 traslado portal 1 folla

1 traslado portal 2 follas

7 m2 pórtico

46

4138216NJ6243N

Abelleira Serantes, Dorinda

19

Núcleo rural

Solo sen edificar

10 m peche bloque celosía

1 traslado portal 2 follas

47

4138215NJ6243N

Serantes Romalde, Antonia e outros

49

Núcleo rural

Solo sen edificar

1 traslado portal 2 follas

48

4138214NJ6243N

Pérez Freire, Purificación

23

Núcleo rural

Solo sen edificar

49

4138213NJ6243N

Fernández Saavedra, Francisco J. e Pérez Freire, Purificación

34

Núcleo rural

Residencial

50

4138212NJ6243N

Piñón Rodríguez, Manuel (herdeiros de) e outro

51

Núcleo rural

Residencial

51

4138211NJ6243N

Pérez Freire, Purificación

8

Núcleo rural

Solo sen edificar

52

4138210NJ6243N

Freire Veiga, Pura (herdeiros de)

26

Núcleo rural

Solo sen edificar

53

4138209NJ6243N

Freire Veiga, Pura (herdeiros de)

35

Núcleo rural

Residencial

54

4138208NJ6243N

Lago Mourente, Antonio e Serantes Santalla, Dolores

41

Núcleo rural

Residencial

55

4138207NJ6243N

Valverde Herrero, Ángel

64

Núcleo rural

Solo sen edificar

56

4138206NJ6243N

Espada Arias, Antonio

7

Núcleo rural

Residencial

57

4242808NJ6244S

Cayro Metal, L.

29

Núcleo rural

Solo sen edificar

58

4242809NJ6244S

Fortuna Bellón, Vicente (herdeiros de)

25

Núcleo rural

Solo sen edificar

59

4242810NJ6244S

Lobeiras López, Josefa

30

Núcleo rural

Residencial

60

4242811NJ6244S

García López, Rosa María Ángeles

33

Núcleo rural

Solo sen edificar

61

4242812NJ6244S

Ponce Rico, Josefina e Picos Méndez, Luis (herdeiros de)

64

Núcleo rural

Residencial

62

4242813NJ6244S

Naveiras Ribera, José e Ponce Rico, Celia

30

Núcleo rural

Residencial

63

4242814NJ6244S

Pita Ameneiros, María Josefa

103

Núcleo rural

Solo sen edificar