Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais se presentou certificación expedida polo secretario de actas do XII Congreso Nacional de UGT-Galicia, Felipe Balboa Fernández, avalada co visto e prace do presidente da mesa do congreso, José Manuel Vázquez Riveira, celebrado o 6 e o 7 de maio de 2016, onde se reflicte a modificación dos estatutos da dita organización.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ambito profesional: persoas traballadoras e asalariadas dos diferentes sectores económicos, persoas traballadoras asociadas en forma cooperativa ou en autoxestión, persoas traballadoras por conta propia que non teñan persoal ao seu servizo, traballadores e traballadoras en paro e persoas que cesasen na súa actividade laboral como consecuencia da súa incapacidade ou xubilación, xuventude e aquelas persoas que buscan o seu primeiro emprego.

Asinantes: Felipe Balboa Fernández (secretario de actas) e José Manuel Vázquez Riveira (presidente da mesa do congreso).

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego