Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33443

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 1 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

BDNS (Identif.): 313329.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

1. As entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nela para os distintos tipos de axudas.

2. As empresas que solicitasen, conforme o procedemento establecido para o efecto, a súa cualificación como empresa de inserción laboral.

Segundo. Obxecto

Promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, previamente cualificadas no rexistro administrativo de Galicia.

Terceiro. Tipos de axudas

1. As empresas de inserción laboral poderán acceder aos seguintes tipos de axuda:

a) Á contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social.

b) Á contratación de xerentes ou persoas técnicas necesarias para garantir a viabilidade técnica, económica ou financeira da empresa de inserción laboral.

c) Á contratación de persoas técnicas expertas en accións de orientación e acompañamento á inserción.

d) Á realización de labores de mediación laboral para a contratación de persoas en inserción no mercado laboral ordinario.

e) Á formalización de préstamos con entidades financeiras.

f) Á creación e ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral.

g) Ao inicio e posta en marcha da actividade.

h) Ao fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral e asistencia técnica.

2. As entidades promotoras de empresas de inserción laboral poderán ser beneficiarias dos seguintes tipos de axuda:

a) Á contratación de persoas técnicas expertas en accións de orientación e acompañamento á inserción.

b) Ao fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral.

Cuarto. Bases reguladoras

Orde do 1 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Quinto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse douscentos dez mil euros (210.000,00 €).

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas do programa regulado nesta orde finalizará o 30 de setembro de 2016.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2016

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria