Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 4 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de perda do dereito parcial ao cobramento e do procedemento de reintegro da subvención concedida no expediente AFD2010/000059-0.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á entidade que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio do procedemento de perda do dereito parcial ao cobramento e do procedemento de reintegro da subvención concedida no expediente AFD2010/000059-0.

Os interesados poderán comparecer nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, 1º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do acordo e a constancia de tal coñecemento.

Segundo o disposto polo artigo 77.2 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselles aos interesados un prazo de quince (15) días para que aleguen ou acheguen os documentos que consideren pertinentes. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que os mencionados prazos se contarán a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2016

José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral

ANEXO

Expediente: AFD2010/000059-0.

Orde de convocatoria da subvención: Orde do 28 de decembro de 2009 pola que se establece a convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2010.

Entidade: Federación de Profesionais e Autónomos de Galicia (OAP Galicia).

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento de perda do dereito parcial ao cobramento e do procedemento de reintegro da subvención concedida.

Último enderezo coñecido: rúa Cruceiro, 15, baixo, 36002 Pontevedra.