Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de información pública do expediente IN407A 2016/328-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro), notifícase aos interesados descoñecidos, ausentes ou con enderezo descoñecido que se sinalan no anexo deste anuncio a Resolución do 25 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cariño (expediente IN407A 2016/328-1).

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de xullo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/328-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: adecuación LMTA MEA-816 CT Feás.

Concello: Cariño.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

Número de predio: 2.

Paraxe: Esteiro de Arriba.

Cultivo: prado.

Propietario: descoñecido.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

-ml aér.: 15.0.

-ml sot.: 1.0.

-m2 aér.: 112.0.

-m2 sot.: 3.0.