Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33493

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (534/2013).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 534/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de "Ver PDF" contra Bosquexo Solucións Integrais na Construcción, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decreto nº 321/2016.

Letrada da Administración de xustiza Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 16 de maio de 2013 tivo entrada neste Xulgado do Social número 1 demanda de reclamación de cantidade presentada por "Ver PDF" fronte a Bosquexo Solucións Integrais na Construcción, S.L.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 4.7.2016, ás 13.20 horas, así como o Fogasa.

Terceiro. Ao acto de conciliación non compareceu a demandante, que estaba debidamente citada.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispón o artigo 83.2 da LXS que se o demandante, citado en forma, non comparece nin alega xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou do xuízo, o letrado da Administración de xustiza no primeiro caso, e o xuíz ou tribunal no segundo, considerarán que desiste da súa demanda.

Alternativamente, a aplicación subsidiaria da LAC en canto á desistencia expresa do demandante débese entender á luz do que dispón o seu artigo 20.2, con independencia da distinta canle procesual que se deba seguir. No caso da xurisdición social e ao se tratar dun procedemento sometido plenamente ao principio de oralidade, tras a manifestación expresa do demandante de desistir da súa demanda, debe concluírse coa necesidade de ditar a resolución a que se refire o artigo 20.3 da LAC, ao non constar oposición expresa da contraparte.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

– Considerar que "Ver PDF" desiste da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Bosquexo Solucións Integrais na Construcción, S.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución, sen máis trámites.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación del no procedemento correspondente.

Notifíquese ás partes, á demandada por medio de edictos e ao Fogasa, e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei de xurisdición social).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. e indicar no campo concepto, «recurso», seguido do código «31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bosquexo Solucións Integrais na Construcción, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza