Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 1 de agosto de 2016 Páx. 33950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica a resolución do procedemento declarativo de reintegro dunha axuda socioeconómica de prima non renovable.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentada, sen éxito, a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada o acto administrativo que se sinala no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, o prazo computarase desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15780 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución de reintegro.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, en ambos os dous casos contados desde a data de publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiario: Ndiaga Ndiaye.

NIF: X7980483N.

Número de expediente SXPA: PE103D 2013/57-0.

Acto de notificación: resolución do procedemento declarativo de reintegro do 1 de xullo de 2016, ditado pola conselleira do Mar, pola que se declara a procedencia de reintegro total da axuda socioeconómica de prima non renovable concedida no ano 2013.

Último enderezo coñecido: praza de Laxes do Orro, núm. 1, PO 6º B, 15008 A Coruña.