Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 1 de agosto de 2016 Páx. 33952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 14 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0610/2016-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-610/2016-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 14 de xullo de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0610/2016-PPM.

Persoa interesada: Nicandro García Olveira.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Camiño Ancho, 16, A Pobra do Caramiñal.

Expediente: PSC-CO-0612/2016-PRE.

Persoa interesada: Juan Antonio López Chouza.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Os Areos, O Maño, s/n, A Pobra do Caramiñal.

Expediente: PSC-CO-0615/2016-PPM.

Persoa interesada: José Carlos Outeiral Montes.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: lugar Curro Xuño, 2, Porto do Son.

Expediente: PSC-CO-0651/2016-PRE.

Persoa interesada: Pedro Rey Fernández.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Pallagueira, 145 (Louro), Muros.

Expediente: PSC-CO-0572/2016-PPM.

Persoa interesada: Jesús Vicente Lijo Martis.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: A Costa do Maño, 42, A Pobra do Caramiñal.