Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 2 de agosto de 2016 Páx. 34333

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1351/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 1351/2013 por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Pavimentos Útiles y Resina, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou a Sentenza do 27 de xuño de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Pavimentos Útiles y Resina, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

Condénase a empresa Pavimentos Útiles y Resina, S.L. a lle aboar a Fundación Laboral de la Construcción a cantidade de douscentos euros con sesenta e tres céntimos de euro (200,63 euros) en concepto de achega á indicada fundación, incluída a recarga por mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Pavimentos Útiles y Resina, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de xullo de 2016

A secretaria xudicial