Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34413

I. Disposicións xerais

Axencia Galega de Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Advertidos erros no dito decreto, publicado no DOG núm. 116, do 20 de xuño de 2016, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 24957, correspondente ao segundo punto do artigo 7, debe corrixirse a súa numeración. Así, onde di: «1. Nas autovías,...», debe dicir: «2. Nas autovías,...».

Na páxina 24993, onde di: «Sección 4ª. Redacción e tramitación de estudos e proxectos», debe dicir: «Sección 2ª. Redacción e tramitación de estudos e proxectos».

Na páxina 24994, artigo 46, onde di: «2. A redacción dos estudos e proxectos poder realizarse directamente polo órgano...», debe dicir: «2. A redacción dos estudos e proxectos poderá realizarse directamente polo órgano...».

Na páxina 25009, onde di: «Sección 5ª. Coordinación con outras administracións», debe dicir: «Sección 3ª. Coordinación con outras administracións».

Na páxina 25013, artigo 74.1, onde di: «No caso de que a Administración promotora opte pola reposición dos servizos ou bens que resulten afectados polas obras de estradas, as persoas titulares están obrigadas a facilitar que as obras de reposición se poidan iniciar no prazo que, considerando as circunstancias concorrentes, lle sexa notificado en cada caso (artigo 29 LEG).», debe dicir: «No caso de que a Administración promotora opte pola reposición dos servizos ou bens que resulten afectados polas obras de estradas, as persoas titulares están obrigadas a facilitar que as obras de reposición se poidan iniciar no prazo que, considerando as circunstancias concorrentes, lles sexa notificado en cada caso (artigo 29 LEG).».

Na páxina 25020, artigo 83, último parágrafo, onde di: «En concreto, os concellos poderán sinalizar as travesías das estradas, logo e informe vinculante da súa Administración titular.», debe dicir: «En concreto, os concellos poderán sinalizar as travesías das estradas, logo de informe vinculante da súa Administración titular.».

Na páxina 25026, artigo 91.3.b), onde di: «...calzadas e interseccións, delimitacións verticais e horizontais e outras limitacións á circulación.», debe dicir: «...calzadas e interseccións, gálibos verticais e horizontais e outras limitacións á circulación.».

Nas paxinas 25032 e 25033, artigo 100, cómpre corrixir a numeración xa que o número 1 está repetido, de xeito que o artigo teña seis números e non cinco.

Na páxina 25053, artigo 128, onde di: «6. O uso dun acceso autorizado non implicará exclusividade en ningún caso, e a Administración titular da estrada poderá as limitacións de uso e condicionamentos que considere necesarios...», debe dicir: «6. O uso dun acceso autorizado non implicará exclusividade, en ningún caso, e a Administración titular da estrada poderá impor as limitacións de uso e condicionamentos que considere necesarios...».

Na páxina 25063, artigo 146, onde di: «5. Nos cruzamentos aéreos sobre a calzada ás súas beiravías, a altura mínima sobre a rasante será a fixada na normativa específica e, como mínimo, a establecida na normativa de trazado de estradas.», debe dicir: «5. Nos cruzamentos aéreos sobre a calzada e as súas beiravías, o gálibo mínimo sobre a rasante será o fixado na normativa específica e, como mínimo, o establecido na normativa de trazado de estradas.».

Na páxina 25066, artigo 150, onde di: «2. A altura sobre a calzada e as beiravías...», debe dicir: «2. O gálibo sobre a calzada e as beiravías...».

Na páxina 25070, onde di: «Subsección 8ª. Procedemento para a tramitación das solicitudes de autorización», debe dicir: «Subsección 2ª. Procedemento para a tramitación das solicitudes de autorización».

Na páxina 25075, onde di: «Subsección 9ª. Procedemento para a modificación ou suspensión das autorizacións», debe dicir: «Subsección 3ª. Procedemento para a modificación ou suspensión das autorizacións».

Na páxina 25095, artigo 196, onde di: «2. Recibida a comunicación, e no caso de que se considere que existe identidade de suxeito, feito e fundamento...», debe dicir: «2. Recibida a comunicación, e no caso de que se estime que existe identidade de suxeito, feito e fundamento...».

Na páxina 25095, artigo 196, onde di: «5. De non se considerar a existencia de delito ou falta...», debe dicir: «5. De non se estimar a existencia de delito ou falta...».