Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34461

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (179/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 179/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Candal Botana contra Tracerox, S.L. sobre reclamación de cantidade P. ordinario, se ditou a sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo José Antonio Candal Botana contra a entidade Tracerox, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Tracerox, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 6.006,82 € brutos por salarios devindicados nos meses de outubro a decembro, paga extra de decembro do ano 2014, e a liquidación da relación laboral, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Tracerox, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza