Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx. 34640

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (613/2015).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 613/2015 deste Xulgado do Social, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Construcciones Rafra, S.L.U., sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que, aceptando a demanda que en materia de cantidade foi interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a entidade Construcciones Rafra, S.L.U., debo condenar e condeno a citada entidade Construcciones Rafra, S.L.U. a que lle reintegre á mutua a cantidade de 11.378,68 € en concepto de prestacións de asistencia sanitaria e indemnización, derivadas dos accidentes de traballo sufridos polos seus empregados Rafael Rodríguez Castroagudín, Valentín Bouzas Abuín, Manuel Lorenzo Sumay e Carlos Rial Romerol, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, como legais sucesores do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones Rafra, S.L.U., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza