Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx. 34641

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1186/2014).

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 1186/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Tania Aira Gallardo contra Autoescuela Colupa, Sociedade Cooperativa Galega, Cefo Vial Formación, S.L. e Cefo Vial, S.L. sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Acordo ter por desistida a Tania Aira Gallardo, representada polo letrado Sr. Vázquez Díaz, da pretensión de reclamación de cantidade en concepto de prestación de incapacidade temporal (477,56 euros) deducida contra Cefo Vial, S.L., Cefo Vial Formación, S.L. e Autoescuela Colupa, Sociedade Cooperativa Galega, ningunhas das cales compareceu malia constar a súa citación en legal forma, sobresendo o proceso no que a devandita pretensión concirne.

Estimo integramente a pretensión non desistida da demanda presentada por Tania Aira Gallardo, representada polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra Cefo Vial, S.L., Cefo Vial Formación, S.L., Autoescuela Colupa, Sociedade Cooperativa Galega, ningunha das cales compareceu malia constar a súa citación en legal forma e, en consecuencia, condeno solidariamente as demandadas a aboar á demandante a cantidade de 636,77 euros, que devindicará o xuro moratorio do 10 %.

As cantidades a cuxo pagamento foron condenadas as empresas demandadas serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que, se é o caso, o afecten.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é susceptible de recurso de suplicación, ao non exceder 3.000 euros a contía litixiosa calculada conforme o disposto no artigo 192 da Lei reguladora da xurisdición social (artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social).

E para que sirva de notificación en forma a Autoescola Colupa, Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 21 de xuño de 2016

O secretario xudicial