Aprobado o programa anual de actividades para o ano 2016 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) polo Consello Reitor na súa xuntanza do 11 de febreiro de 2016, de acordo co establecido no artigo 9.2.b) da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp, convócanse os cursos de formación continua dirixidos aos/ás policías locais de Galicia, correspondentes ao segundo semestre do ano 2016, cuxas bases e características se especifican nos anexos desta resolución.
A Estrada, 21 de xullo de 2016
O director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
P.A. (Artigo 2.p) do Decreto 24/2010, do 25 de febreiro)
Ramón Quiroga Limia
Secretario xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO I
Bases
Primeira. Destinatarios
Poderán participar nos cursos convocados por esta resolución os/as policías locais de Galicia que se atopen en situación de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares.
A baixa laboral por incapacidade temporal impide a participación nas accións formativas convocadas, polo que, de producirse esta situación, os/as interesados deberán comunicalo á Agasp de xeito inmediato, no caso de non facelo serán penalizados coa non participación en accións formativas da Agasp nun ano contado desde o día seguinte a que se teña coñecemento do feito e, no caso de estar realizando efectivamente un curso, non se emitirá diploma ningún del.
Será revisable a admisión de persoas en baixa laboral por incapacidade temporal cando esta veña producida por accidente de traballo recoñecido como tal e a asistencia ao curso non interfira na recuperación.
Así mesmo, reservarase un máximo do 10 % das prazas ofertadas nesta convocatoria ao persoal das forzas e corpos de seguridade pública que traballen en Galicia e o soliciten en tempo e forma correctos.
Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp reserva para si a facultade de anular a actividade formativa.
Segunda. Solicitudes
1. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (htpp://agasp.xunta.es). Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.
É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións, no suposto de non ser correctos ou exactos os ditos datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.
2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas solicitantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.
3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normativizado ou sexan presentadas fóra de prazo.
4. No caso de atoparse en algún dos supostos que a continuación se indican, o/a solicitante deberán remitir a Agasp, no mesmo prazo establecido para o envío da solicitude de inscrición, a certificación orixinal ou fotocopia legalizada que acredite tal situación (non será preciso se tal documentación xa consta en poder da Agasp, neste caso, deberán comunicalo na propia solicitude).
a) Profesionais que estean gozando ou gozasen nos dous últimos anos dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia por coidado de familiares.
5. Cando o curso para o que presenta solicitude requira a presentación de documentación complementaria co obxecto de acreditar circunstancias especificas de acordo cos criterios de selección, deberá remitir tal documentación por fax (886 20 61 22) por correo electrónico (formación.agasp@xunta.es) ou de acordo co establecido no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
6. O prazo de presentación de solicitudes será desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 14.00 horas do día 5 de setembro de 2016.
No suposto das prazas reservadas para persoal da Policía Nacional, Garda Civil e Policía Autonómica, os responsables deberán indicar a súa cobertura ao servizo de formación en seguridade pública, cunha antelación mínima de 10 días naturais antes do comezo de cada curso.
Os membros da Policía Autonómica, Garda Civil e Policía Nacional poderán solicitar, de xeito individual, a realización dos cursos desta convocatoria en que estean interesados.
7. O número máximo de cursos que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a 5.
No caso de que unha mesma persoa presente máis solicitudes das permitidas, a Agasp de xeito automático elixirá as primeiras 5 accións formativas solicitadas.
8. Non esta permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no que xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas e o/a alumno/a non poderá participar noutros cursos durante un ano desde que se detecte este feito.
Terceira. Criterios xerais de selección
Os criterios xerais de selección son os que a continuación se indican, sen prexuízo de que para cursos específicos se requiran outros diferentes, o cal se indicará na ficha de cada acción formativa concreta.
1. Menor número de cursos realizados na Agasp nos dous últimos anos.
2. Por orde de inscrición.
Terán preferencia na selección os/as candidatos/as que estean gozando ou gozasen, nos dous últimos anos, dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución da xornada ou dunha excedencia para o coidado de familiares, sempre que cumpran cos requisitos obxectivos para seren destinatarios do curso.
Ademais, de conformidade co establecido no artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, nos cursos, xornadas ou outras actividades, reservarase un 50 % das prazas a mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.
Cuarta. Admisión
1. A Agasp publicará na súa páxina web a relación de persoas seleccionadas para participar en cada curso, así coma un número adecuado de reservas con, polo menos, 5 días naturais antes do inicio de cada curso.
O prazo de presentación de alegacións será de dous días hábiles desde a súa publicación.
Os/as alumnos/as seleccionados serán informados da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica, todos aqueles que non figuren na relación non foron seleccionados, ben porque ocupan un posto máis afastado na listaxe de reservas ben porque foron excluídos por algún motivo dos expresados nesta convocatoria, todo de acordo co previsto no artigo 59.6.b) da LRXPAC.
A Agasp reserva para si o dereito de solicitar aos concellos de procedencia todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.
2. O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas ou necesidade do servizo, sempre que se acredite documentalmente o feito alegado polo xefe/a do corpo da policía local do concello en que traballe ou persoa responsable del.
No caso de cambios de cadrante ou quendas de traballo, deberá quedar acreditado suficientemente os motivos e que se coñeceron con posterioridade á solicitude de inscrición no curso.
A renuncia debe ser comunicada por escrito a través do modelo que figura na páxina web da Agasp e cunha antelación de 3 días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.
A renuncia non xustificada ou a non acreditación documental da causa que a produce suporá a exclusión da persoa seleccionada nos seguintes 10 cursos que convoque o Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp e nos cales a persoa figura como posible destinataria, sen contar edicións repetidas, cursos xa realizados e que, polo menos, teñan a mesma carga horaria do curso polo que foi penalizado.
Quinta. Asistencia aos cursos
1. É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos.
Durante a realización dos cursos levarase un control permanente da asistencia a través dos sistemas que se establezan para o efecto; poderán realizarse controis de asistencia extraordinarios.
Unicamente se autorizará a ausencia por causas xustificadas e debidamente acreditadas e, en ningún caso, poderá superar o 10 % das horas lectivas.
A ausencia xustificada superior ao 10 % do total das horas lectivas suporá a perda do dereito a expedición do diploma, no caso de haber unha segunda edición do curso en cuestión, o Servizo de Formación en Seguridade Pública poderá valorar a posibilidade de que o/a alumno/a poida recuperar as horas non realizadas na edición anterior, en todo caso, para poder valorar esta posibilidade non poden transcorrer máis de seis meses entre unha edición e a seguinte.
A falta de asistencia dun número superior ao 10 % das horas lectivas sen xustificación ou falta de acreditación documental da causa alegada non só dará lugar á perda do dereito ao diploma do curso senón tamén á penalización coa non participación en cursos da Agasp durante un ano, contado desde o día seguinte ao da finalización do curso.
2. O alumnado asistirá aos cursos co uniforme regulamentario. No caso de non facelo, e non existir causa suficientemente xustificada, a Agasp poderá impedir a asistencia ao curso e non emitirá diploma nin certificado acreditativo ningún.
Sexta. Certificación
1) Para poder superar os cursos o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se levará a cabo ao remate deles.
Sétima. Desenvolvemento dos cursos
1. A Agasp poderá suspender a realización de actividades formativas convocadas cando sexa necesario por motivos técnicos ou insuficiencia de solicitudes de participación.
2. A Agasp poderá modificar as datas, horarios, contidos e desenvolvemento dos cursos, así como resolver todas as continxencias e incidencias que poidan xurdir, sen necesidade dunha nova publicación no DOG.
3. A Agasp poderá programar cursos diferentes cando así veña exixido por circunstancias que afecten a organización, xestión e docencia.
ANEXO II
Código |
Denominación |
Horas |
Prazas |
Data comezo |
Data remate |
161117 |
Documentación de condutores e vehículos |
20 |
25 |
12.9.2016 |
14.9.2016 |
161123 |
Videovixilancia e actividade policial |
8 |
30 |
12.9.2016 |
12.9.2016 |
161118 |
Autocad |
25 |
30 |
14.9.2016 |
28.9.2016 |
161119 |
Competencias emocionais para profesionais dos corpos e forzas de seguridade |
16 |
25 |
14.9.2016 |
15.9.2016 |
161121 |
Delitos contra a seguridade viaria: casuística e instrución de atestados |
25 |
25 |
19.9.2016 |
21.9.2016 |
161122 |
Protección de datos e actividade policial |
8 |
30 |
19.9.2016 |
19.9.2016 |
161124 |
Vitimoloxía |
8 |
30 |
22.9.2016 |
22.9.2016 |
161125 |
Desa |
8 |
16 |
26.9.2016 |
26.9.2016 |
161132 |
Localización, navegación e rescate en vehículos 4 × 4 |
16 |
16 |
26.9.2016 |
27.9.2016 |
161134 |
Prevención de riscos nas probas deportivas de motor * |
8 |
20 |
28.9.2016 |
28.9.2016 |
161135 |
Prevención de riscos nas probas deportivas de motor * |
8 |
20 |
29.9.2016 |
29.9.2016 |
161143 |
Investigación de sinistros viarios con fuga |
20 |
25 |
3.10.2016 |
5.10.2016 |
161147 |
Protección a vítimas de delitos violentos |
20 |
20 |
3.10.2016 |
5.10.2016 |
161148 |
Reformas do código penal |
20 |
25 |
4.10.2016 |
6.10.2016 |
161149 |
Eficacia nos equipos policiais |
25 |
25 |
4.10.2016 |
28.10.2016 |
161150 |
Avanzado de reconstrución de accidentes de tráfico* |
65 |
25 |
6.10.2016 |
24.11.2016 |
161151 |
A actuación policial: colaboración para unha xustiza eficaz |
25 |
25 |
10.10.2016 |
24.10.2016 |
161152 |
Comercio interior e consumo |
16 |
25 |
10.10.2016 |
11.10.2016 |
161153 |
Fotografía policial operativa |
32 |
20 |
10.10.2016 |
18.10.2016 |
161155 |
Redución de persoas violentas e/ou baixo a influencia do alcohol ou as drogas |
12 |
20 |
19.10.2016 |
20.10.2016 |
161156 |
Trafico ilícito de vehículos* |
20 |
25 |
24.10.2016 |
26.10.2016 |
161157 |
Estranxaría |
25 |
25 |
25.10.2016 |
27.10.2016 |
161158 |
Aplicación e páxinas web de tráfico |
20 |
25 |
26.10.2016 |
28.10.2016 |
161159 |
Inspección policial de establecementos públicos e actividades recreativas |
20 |
25 |
2.11.2016 |
4.11.2016 |
161160 |
Control de drogas |
15 |
20 |
7.11.2016 |
8.11.2016 |
161161 |
Intervención en inmobles |
20 |
16 |
8.11.2016 |
17.11.2016 |
161142 |
Delitos máis cometidos na práctica |
20 |
25 |
9.11.2016 |
11.11.2016 |
161141 |
Contaminación acústica e medición de ruídos |
20 |
25 |
14.11.2016 |
16.11.2016 |
161140 |
Igualdade. Non discriminación. Inclusión social |
15 |
25 |
21.11.2016 |
22.11.2016 |
161139 |
Controis policiais |
21 |
20 |
21.11.2016 |
23.11.2016 |
161138 |
Inspección de obras |
20 |
25 |
22.11.2016 |
24.11.2016 |
161137 |
A inspección ocular |
21 |
20 |
28.11.2016 |
30.11.2016 |
161136 |
Delitos de odio |
20 |
25 |
28.11.2016 |
30.11.2016 |
161131 |
Control de licenzas de establecementos públicos |
16 |
25 |
30.11.2016 |
1.12.2016 |
161126 |
Binomios policiais |
12 |
12 |
1.12.2016 |
2.12.2016 |
161127 |
Organización da seguridade de eventos deportivos e de ocio |
8 |
20 |
5.12.2016 |
5.12.2016 |
161128 |
Violencia de xénero. Actuación policial |
20 |
25 |
12.12.2016 |
14.12.2016 |
161129 |
Prostitución, trata de brancas, pornografia infantil |
21 |
25 |
13.12.2016 |
15.12.2016 |
161130 |
Venda ambulante |
16 |
25 |
14.12.2016 |
15.12.2016 |
161097 |
Patrón de embarcacións de recreo (PER)* |
50 |
20 |
23.11.2016 |
25.11.2016 |
Mediación policial: básico e especialización |
Pendente establecemento datas. Publicaranse na páxina web da Agasp. |
Os cursos marcados con * teñen requisitos específicos de selección.