Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 8 de agosto de 2016 Páx. 35349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 18 de xullo de 2016 pola que se notifica acordo de inicio de expediente de incautación da embarcación Flores depositada en seco no porto de Burela.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a Rafael Oroza Menéndez, con derradeiro domicilio coñecido en Alexandre Bóveda, 1, 3º A, de Foz (Lugo), o acordo do presidente de Portos de Galicia do 22 de xuño de 2016, que inicia expediente para decretar a incautación, a favor de Portos de Galicia, da embarcación de nome Flores, con folio 3ª-CO65-4-1983, depositada no porto de Burela, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O acordo emítese, por atoparse a embarcación depositada en estado de abandono desde hai mais dun ano e dado o incumprimento das ordes de retirada emitidas pola Zona Norte, con base no establecido na regra décimo quinta de aplicación á tarifa portuaria E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 49 do Regulamento de servizo e policía aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

O expediente completo para o seu exame e consulta está na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia sitos na praza de Europa, número 5-A, 6º, de Santiago de Compostela.

Outórgaselle ao propietario da embarcación un prazo máximo de 15 días para formular alegacións e, igualmente, para reclamar e retirar a embarcación do porto despois do pagamento dos créditos pendentes en concepto de taxas.

Infórmase o propietario de que, decretada a incautación e tratándose de ben moble patrimonial incautado, Portos de Galicia poderá proceder de acordo co artigo 69 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, ao alleamento da embarcación.

A instrución do expediente recae no xefe da División Xurídica de Portos de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia