Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx. 35484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 13 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente PES-OU-43/2016-V e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita na avenida da Habana, nº 79, 5ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 13 de xullo de 2016

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: PES-OU-43/2016-V.

Interesado: Rufino González Fernández.

Acto de notificación: incoación de procedemento sancionador.

Acto adoptado: pola xefa territorial.

Expediente: PES-OU-31/2016-V.

Interesado: Carlos Fernando da Fonte Ribeiro.

Acto de notificación: incoación de procedemento sancionador.

Acto adoptado: pola xefa territorial.