Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx. 35482

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 12 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-12/2016 RE e catro máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 12 de xullo de 2016

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-12/2016 RE.

Denunciados: Ionel Marius Soucaliuc / Rodica Liliana Plesca.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: OU-26/2016 RE.

Denunciado: Iluta Nicolae Marcu.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: OU-28/2016 RE.

Denunciado: Gheorghe Cristian Amitroae.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: OU-31/2016 RE.

Denunciado: George Beldiman.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: OU-32/2016 RE.

Denunciado: Víctor Jiménez Montoya.

Acto notificado: acordo de incoación.