Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan que resolvo publicar por este medio que se ditaron resolucións de cancelación das inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avda. da Habana, 79, 2º, 32004 Ourense.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
O que se notifica de acordo coa normativa indicada.
Ourense, 15 de xullo de 2016
Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Nº expediente |
Interesado |
NIF/equivalente |
OU-2012/00055 |
Mónica Mª Patiño Cortés |
X3476901Z |
OU-2012/00055 |
Adrián Gómez Rey |
44469087J |
OU-2009/00172 |
José Ramón Rodríguez Verísimo |
34969598F |