Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 35953

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de prórroga do convenio colectivo da empresa Nea F3 Ibérica, S.L.U.

Visto o acordo subscrito pola comisión negociadora do convenio colectivo de Nea F3 Ibérica, S.L.U. o 15 de xuño de 2015 e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

Esta Secretaría Xeral de Emprego

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta do acordo da comisión negociadora do convenio colectivo
de Nea F3 Ibérica, S.L.U.

En Vigo o 15 de xuño de 2015

Reunidos:

Por parte da empresa, Manuel Rivas Bao.

Pola representación dos traballadores, Emilio Castro Rodríguez, Juan Javier Sánchez Pérez, Modesto Martínez Montes, José Juan Vázquez López, Enrique González Campo e Claudino González González.

Expoñen que, tras varias reunións entre as partes da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Nea F3 Ibérica, S.L.U., se chegou ao seguinte acordo definitivo:

Primeiro

Ambas as partes acordan prorrogar a vixencia do convenio colectivo do ano 2013 durante un ano, contado desde o 1 de xaneiro de 2015 ata o 31 de decembro de 2015.

Segundo

Ambas as partes acordan un incremento salarial do 0,8 por cento para todas as categorías dos conceptos salario base integrado, condición adquirida máis beneficiosa actualizable e condición adquirida máis beneficiosa non actualizable. O incremento durante o ano 2015 da condición adquirida máis beneficiosa non actualizable non implica a perda da súa condición non actualizable e non obriga a empresa a realizar incrementos no dito concepto en anos posteriores.

Establécese a seguinte táboa salarial:

Categoría

Salario base ano 2015

Grupo prof. 0

20.503,52 €

Grupo prof. I

18.017,52 €

Grupo prof. II

15.680,16 €

Grupo prof. III

14.963,84 €

Grupo prof. IV

14.732,32 €

Grupo prof. V

14.270,56 €

Grupo prof. VI

14.034,40 €

Grupo prof. VIl

13.834,40 €

Terceiro

Ambas as partes acordan que os atrasos devindicados pola sinatura do presente acordo serán aboados pola empresa aos traballadores coa mensualidade do mes de xuño de 2015.

Cuarto. Prima de obxectivos

Se os obxectivos previstos pola empresa se cumpriron (alcanzar durante o exercicio 2015 un beneficio antes de impostos de 310.718,91 €), a empresa aboará nun único pagamento non consolidable o equivalente ao 0,3 por cento do salario base integrado, condición adquirida máis beneficiosa actualizable e condición adquirida máis beneficiosa non actualizable.

Para percibir a prima por obxectivos, o traballador deberá reunir os seguintes requisitos:

Ter traballado na empresa durante o ano 2015 un mínimo de nove meses.

Será necesario estar de alta na empresa no momento do pagamento.

A empresa aboará a prima por obxectivos coa nómina do mes de abril do ano 2016.

O que así subscriben as partes no lugar e data arriba indicados.