Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 35986

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega das Industrias Culturais

ACORDO do 2 de agosto de 2016, do Consello Reitor, polo que se acorda a contratación da persoa seleccionada para a cobertura do posto de coordinador/a do Departamento de Xestión.

Unha vez rematado o proceso de provisión do posto de coordinador/a do Departamento de Xestión, de conformidade coa Resolución do 11 de maio de 2016 pola que se convoca a provisión do posto de coordinador/a do Departamento de Xestión da Axencia Galega das Industrias Culturais (DOG núm. 95, do 20 de maio), e vista a proposta de contratación elevada polo director, o Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, en sesión do día 2 de agosto de 2016,

ACORDA:

A contratación de María José Felípez Regueira, mediante contrato laboral de alta dirección, ao abeiro do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección; no artigo 17 do Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Contra o presente acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente poderase interpor recurso de reposición ante o Consello Reitor da Agadic, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que se resolva expresamente ou se produza o rexeitamento presunto do de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2016

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais