Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 28 de xullo de 2016 polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra resolucións dos servizos de infraestruturas das delegacións desta axencia en materia de expropiación forzosa por obras públicas en estradas (expediente E/2/14).

Pola Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, de conformidade co disposto no Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas (DOG núm. 163, do 26 de agosto), no artigo 14 dos ditos estatutos, e no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ditáronse resolucións dos recursos de alzada interpostos polas persoas que se indican no anexo, contra resolucións ditadas no seu día polos servizos de infraestruturas das actuais delegacións desta axencia nas provincias que tamén se sinalan.

Intentada a notificación persoal destas resolucións, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica no que respecta ás persoas interesadas que se indican. Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da devandita norma legal, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para ser notificadas por comparecencia das resolucións cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa, da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo de Infraestruturas da Delegación da Axencia na provincia correspondente. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único devandito.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que contra esta resolución que é definitiva na vía administrativa, pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Y para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Recurso/provincia: E/2/14. Pontevedra.

Recorrentes/interesadas: Josefina Dolores Martínez Garrido e outras.

Último enderezo coñecido: Ponte Caldelas.

Sentido da resolución: desestimatorio.

Estrada/obra, predio: acondicionamento da estrada PO-255, treito Ponte Caldelas PO-250 (Forzáns) e PO-241, treito Caritel-A Lama (clave PO/07/033.01).

Predios 45, 46, 37 e 36.