Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de xullo de 2016 pola que se notifica acordo adoptado no expediente sancionador, incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, porque intentadas as notificacións non se puideron efectuar (expediente SANC/8/16).

Pola Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas adoptouse acordo de ampliación de afectados en expediente sancionador que se indica, incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño (LEGa) de estradas de Galicia. Intentada a notificación persoal deste acordo non foi posible a súa práctica.

Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións ou actos cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Xestión Xurídico Administrativa, da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo de Infraestruturas da Delegación da Axencia na provincia correspondente. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único devandito.

Unha vez cumprido o prazo e realizado o trámite sinalado, tendo en conta que disporá dun prazo de sete días para presentar alegacións, continuarase coa tramitación do expediente como corresponda, ata que se dite a correspondente resolución.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente: SANC/8/16, Ref. bis 131/15.

Provincia: Pontevedra.

Feito imputado: realizar verteduras na estrada.

Afectados: Club Pigalle, El Ángel Bermellón. Manuel Fernando Carneiro da Silva Paz.

Estrada afectada: PO-531, Pontevedra, Baión.

Concello de último domicilio coñecido dos interesados: Meis.

Acto notificado: acordo de ampliación de afectados.