Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36146

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 20 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e do Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

No marco establecido nos artigos 40 e 49 da Constitución española, no Real decreto lexislativo 3/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de emprego; nos artigos 29 e 30 do Estatuto de autonomía de Galicia, nos obxectivos de crecemento e emprego da Unión Europea, conforme a Estratexia europea de emprego, e no respectivo Plan anual de política de emprego (PAPE), e co obxectivo de que a Comunidade Autónoma de Galicia acade uns maiores niveis de desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social e de cohesión no territorio, é preciso adoptar políticas que promovan a calidade dun modelo de desenvolvemento económico que favoreza a capacidade de toda a sociedade galega para crear emprego, en especial para aquelas persoas cuxa integración laboral supón máis dificultades, como son as persoas con discapacidade.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 29, atribúelle á Comunidade Autónoma, en concordancia co artigo 149.1.7 da Constitución española, competencia para a execución da lexislación do Estado en materia laboral, asumindo as facultades, funcións e servizos correspondentes a este ámbito.

O acceso ao emprego é un elemento decisivo para a integración das persoas con discapacidade na economía e na sociedade nun sentido amplo. A Consellería de Economía, Emprego e Industria, en concordancia co desenvolvemento doutras medidas no ámbito social e, na execución das políticas activas de emprego, establece accións específicas para a inserción deste colectivo, que teñen por obxecto a mellora da súa empregabilidade e, coordinadamente, o establecemento de medidas para a súa inserción normalizada no mercado de traballo.

O artigo 37 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, establece que será finalidade da política de emprego aumentar as taxas de actividade, de ocupación e inserción laboral das persoas con discapacidade, asi como mellorar a calidade do emprego e dignificar as súas condicións de traballo, combatendo activamente a súa discriminación. Para iso, as administracións públicas competentes fomentarán as súas oportunidades de emprego e promoción profesional no mercado laboral e promoverán os apoios necesarios para a busca, obtención, mantemento do emprego e retorno a él.

As persoas con discapacidade poden exercer o seu dereito ao traballo a través do emprego ordinario, nas empresas e nas administracións públicas, incluídos os servizos de emprego con apoio; do emprego protexido, en centros especiais de emprego e en enclaves laborais e de emprego autónomo.

O artigo 43 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social define os centros especiais de emprego como aqueles cuxo obxectivo principal é realizar unha actividade productiva de bens ou de servizos, participando regularmente nas operacións do mercado, e que teñen como finalidade asegurar un emprego remunerado para as persoas con discapacidade e a prestación de servizos de axuste persoal e social que requiran os seus traballadores e as súas traballadoras con discapacidade, ao mesmo tempo que é un medio de integración do maior número de persoas traballadoras con discapacidade ao réxime de traballo normal.

O cadro de persoal dos centros especiais de emprego debe estar constituído polo maior número de persoas traballadoras con discapacidade que permita a natureza do proceso produtivo e, en todo caso, polo 70 % daquel, sen ter en conta o persoal sen discapacidade dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social.

Conforme o previsto no número 2 do dito artigo, enténdese por servizos de axuste persoal e social os que permitan axudar a superar as barreiras, os obstáculos ou as dificultades que as persoas traballadoras con discapacidade dos centros especiais de emprego teñan no proceso de incorporación a un posto de traballo, así como na permanencia e progresión nel; igualmente están comprendidos aqueles dirixidos á inclusión social, cultural e deportiva. Polo tanto, estes servizos poden resultar un instrumento moi útil en particular para as persoas traballadoras con especiais dificultades para o acceso ao mercado ordinario de traballo, como son as persoas afectadas polas discapacidades máis graves.

A Orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do 16 de outubro de 1998 establece as bases reguladoras para a concesión das axudas e subvencións públicas destinadas ao fomento da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego.

O Real decreto 469/2006, do 21 de abril, regula as unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego. Esta norma regula os contidos esenciais do programa, como son a definición do concepto das unidades de apoio á actividade profesional, as funcións que deben desenvolver e a súa composición, as persoas destinatarias finais do programa e o tipo e a contía das subvencións; e posibilítalles ás comunidades autónomas, nos seus respectivos ámbitos de xestión, o seu desenvolvemento posterior mediante a regulación dos aspectos do procedemento e da adecuación ás súas peculiaridades organizativas.

De conformidade co Decreto 168/1984, do 15 de novembro, de asunción de funcións e servizos, correspóndelle á Comunidade Autónoma a xestión de calquera tipo de axudas, subvencións e préstamos que realizaba a Unidade Administradora do Fondo Nacional de Protección ao Traballo. Así mesmo, mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro, esta comunidade autónoma asumiu as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado relativos á xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego (Inem) no ámbito do traballo, o emprego e a formación. Segundo o disposto no Decreto 116/2015, do 4 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; no Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, correspóndelle a esta o exercicio das anteriores competencias e funcións, entre outras materias, no relativo ás políticas activas de emprego.

Consonte o anterior, correspóndelle a esta consellería a regulación específica, a convocatoria, a xestión e o control das axudas e subvencións para a integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego, segundo a disposición adicional terceira da Orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do 16 de outubro de 1998, e das subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, segundo a disposición adicional terceira do Real decreto 469/2006, do 21 de abril.

Nesta orde agrúpanse os programas que teñen por obxecto establecer incentivos para a creación de emprego das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego, regúlanse nos seus capítulos II e III, respectivamente, os programas de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego.

O Programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego recolle as axudas aos proxectos de creación e de ampliación do cadro de persoal fixo de persoas con discapacidade e as axudas ao mantemento de centros especiais de emprego, a subvención para a adaptación de postos de traballo e a asistencia técnica. A axuda ao mantemento consistente na subvención do custo salarial é regulada na orde da Consellería de Traballo e Benestar, do 28 de xullo de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia do 6 de agosto de 2015.

No Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, dadas as características e tipoloxía dos centros especiais de emprego na Comunidade Autónoma de Galicia, nesta orde duplícanse as contías das subvencións establecidas na normativa estatal, coa finalidade de favorecer a constitución de unidades de apoio á actividade profesional naqueles centros que conten con persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción laboral no seu cadro de persoal. Esta mellora configúrase como un programa autonómico nesta materia que a Xunta de Galicia inclúe no Plan anual de políticas de emprego para o ano 2016.

Os incentivos para a integración laboral das persoas con discapacidade establecidos nesta orde para a creación de emprego nos centros especiais de emprego compleméntanse cos previstos na orde desta consellería pola que se regulan os programas de incentivos para o fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e o Programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego das persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo.

As bases reguladoras do Programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego regulado nesta orde establecen un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, dado que de acordo coa finalidade e obxecto do programa, non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión das axudas se realizará por medio da comprobación da concorrencia na persoa ou entidade solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario, conforme o previsto no Real decreto 357/2006, do 24 de marzo, polo que se regula a concesión directa de determinadas subvencións nos ámbitos do emprego e da formación profesional ocupacional, e o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para o Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, as bases reguladoras establecen que o procedemento de concesión se tramitará en réxime de concorrencia competitiva, nos termos establecidos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Consecuentemente con todo o anterior, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo do informe da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e da Intervención Delegada, e en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

CAPÍTULO I

Ámbito e réxime das axudas

Artigo 1. Obxecto, finalidade e financiamento

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2016 das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa finalidade de promover a integración laboral das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos seguintes programas:

– Programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego (capítulo II).

– Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego (capítulo III).

2. A xestión destes programas realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

c) Eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

3. Os programas regulados nesta orde están financiados con fondos finalistas do Estado recibidos do Servizo Público de Emprego Estatal.

A concesión das subvencións previstas para o ano 2016 nesta orde estará limitada á existencia de crédito orzamentario. Se é o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas ao programa regulado no capítulo II desta orde.

No exercicio económico 2016 as subvencións reguladas nesta orde financiaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias recollidas na Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, e coa seguinte distribución inicial de importes de créditos por programas:

Programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego (capítulo II):

Aplicación orzamentaria

Importe de crédito

(en euros)

09.40.322C.470.0, código de proxecto 2016 00309

700.000

09.40.322C.481.2, código de proxecto 2016 00309

  70.000

Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego (capítulo III):

Aplicacións orzamentarias

Importe de crédito

(en euros)

09.40.322C.470.0, código de proxecto 2016 00309

450.000

09.40.322C.481.2, código de proxecto 2016 00309

100.000

De producirse remanentes de crédito na asignación inicial para o financiamento de cada programa, procederase á reasignación das contías sobrantes para atender as necesidades de crédito doutro programa.

Estes créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento de emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais.

Poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Artigo 2. Entidades beneficiarias das subvencións

1. Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións que se regulan nesta orde os centros especiais de emprego que figuren inscritos na data da solicitude da subvención como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda.

2. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño:

a) Ter sido condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Ter solicitado a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, estar declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio; estar suxeitas á intervención xudicial ou estar inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Ter dado lugar, por causa da cal fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.

h) Ter sido sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou a Lei xeral tributaria.

Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.

En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por se atoparen indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, en canto non se dite resolución xudicial firme en cuxa virtude se poida efectuar a inscrición no correspondente rexistro.

3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria cando estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

4. A xustificación por parte das persoas ou entidades beneficiarias de non estaren incursas nas prohibicións contidas nos números 2 e 3 anteriores para obter a condición de beneficiarias realizarase mediante declaración responsable.

Artigo 3. Concepto de persoa con discapacidade e persoa desempregada

1. Para os efectos das axudas previstas nesta orde terán a condición de persoas con discapacidade as que teñan recoñecida pola Administración competente unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33 %.

A comprobación da condición de persoas con discapacidade realizaraa directamente o órgano xestor das axudas, conforme o previsto no artigo 7.7 desta orde, agás que fose recoñecida por outra Administración distinta da propia da Comunidade Autónoma de Galicia, neste suposto deberá achegarse a resolución de recoñecemento da discapacidade.

De acordo co disposto no artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, considerarase que presentan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % as persoas pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez, e as persoas pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión por xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. Nestes supostos a acreditación do grao de discapacidade realizarase conforme o previsto no Real decreto 1414/2006, do 1 de decembro, polo que se determina a consideración de persoa con discapacidade para os efectos da Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade (BOE núm. 300, do 16 de decembro de 2006):

a) Resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) en que se recoñeza a condición de pensionista por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez.

b) Resolución do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas ou do Ministerio de Defensa en que se recoñeza unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

Nestes casos, para a determinación do tipo de discapacidade psíquica, terase en conta a incapacidade en que o certificado do organismo competente para o seu recoñecemento, o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas ou o Ministerio de Defensa, recolla a concorrencia de parálise cerebral, de enfermidade mental ou persoa con discapacidade intelectual.

Así mesmo, nestes casos, a acreditación do grao de discapacidade superior ao 33 % realizarase mediante a resolución ou o certificado de recoñecemento do órgano competente da Administración autonómica que corresponda.

2. Para os efectos das axudas previstas nesta orde, terán a consideración de persoas desempregadas aquelas que figuren inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego e que carezan de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

A comprobación da inscrición no Servizo Público de Emprego como demandante de emprego, na data de alta na Seguridade Social dos traballadores e traballadoras con discapacidade, realizaraa directamente o órgano xestor das axudas, conforme o previsto no artigo 7.7 desta orde, agás que a inscrición fose realizada noutro servizo público de emprego distinto do da Comunidade Autónoma de Galicia.

Igualmente, a comprobación de carecer de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social na data da alta na Seguridade Social das persoas traballadoras que se incorporan ao centro especial de emprego e polas que se solicita a subvención, realizaraa directamente o órgano xestor das axudas, conforme o previsto no artigo 7.7 desta orde.

Artigo 4. Normativa aplicable e adecuación á normativa de axudas de Estado

1. As solicitudes, a tramitación e a concesión destas axudas e subvencións axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no seu regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo; na Orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do 16 de outubro de 1998, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas e subvencións públicas destinadas ao fomento da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego; no Real decreto 357/2006, do 24 de marzo, polo que se regula a concesión directa de determinadas subvencións nos ámbitos do emprego e da formación profesional ocupacional; no Real decreto 469/2006, do 21 de abril, polo que se regulan as unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, e nesta orde.

2. As axudas reguladas nesta orde son compatibles co mercado común, xa que se rexen polo Regulamento (UE) núm. 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigo 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014). En concreto, regúlanse no artigo 34 do regulamento, xa que se trata de axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas traballadoras con discapacidade para os seguintes custos subvencionables:

a) Os custos de adaptación das instalacións.

b) Os custos salariais do persoal exclusivamente durante o tempo que se dedique a asistir as persoas traballadoras con discapacidade e á formación do dito persoal para axudar as persoas traballadoras con discapacidade.

c) Os custos de adaptación ou adquisición de equipamentos, ou de adquisición e validación de programas informáticos, destinados a persoas traballadoras con discapacidade, incluídas as instalacións tecnolóxicas adaptadas ou de axuda, superiores aos custos que tería soportado a persoa ou entidade beneficiaria se tivese contratadas persoas traballadoras sen discapacidade.

e) Cando a persoa ou entidade beneficiaria proporcione emprego protexido, mediante entidades cualificadas como centros especiais de emprego, os custos de construción, instalación ou modernización das unidades de produción da empresa que se trate, así como calquera outro custo de administración e transporte, sempre que deriven directamente do emprego de persoas traballadoras con discapacidade.

3. En todo caso, a intensidade da axuda non poderá superar o 100 % dos custos subvencionables indicados.

4. As axudas reguladas nesta orde non poderán concederse, segundo o disposto no artigo 1 do Regulamento 651/2014, nos seguintes supostos:

I. As axudas a actividades relacionadas coa exportación, concretamente as axudas directamente vinculadas ás cantidades exportadas, as axudas ao establecemento e funcionamento dunha rede de distribución ou as axudas a outros custos correntes vinculados á actividade exportadora.

II. As axudas condicionadas á utilización de produtos nacionais en lugar de importados.

III. As axudas ás empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente, logo da decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

IV. As axudas a empresas en crise. Considerarase empresa en crise a empresa na que concorra polo menos unha das seguintes circunstancias:

a) Se se trata dunha sociedade de responsabilidade limitada (distinta dunha EME con menos de tres anos de antigüidade), cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas; é o que ocorre cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que adoitan considerarse fondos propios da sociedade) levan a un resultado negativo superior á metade do capital social subscrito; para efectos da presente disposición, «sociedade de responsabilidade limitada» refírese, en particular, aos tipos de sociedades mencionados no anexo I da Directiva 2013/34/UE e «capital social» inclúe, cando proceda, toda prima de emisión.

b) Se se trata dunha sociedade en que polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade (distinta dunha peme con menos de tres anos de antigüidade), cando desaparecesen polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade; para efectos da presente disposición, «sociedade na que polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade» refírese, en particular, aos tipos de sociedades mencionados no anexo II da Directiva 2013/34/UE.

c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos no seu dereito nacional para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores.

d) Cando a empresa recibise axuda de salvamento e aínda non devolvese o préstamo ou puxese fin á garantía, ou recibise axuda de reestruturación e estea aínda suxeita ao plan de reestruturación.

e) Se se trata dunha empresa distinta dunha peme, cando durante os dous exercicios anteriores:

1) A ratio débeda/capital da empresa fose superior a 7,5.

2) E a ratio de cobertura de xuros da empresa, calculada sobre a base do EBITDA, estivese situada por debaixo do 1,0.

V. As axudas estatais que entrañen, por si mesmas, polas condicións inherentes a elas ou polo seu método de financiamento, unha infracción indisociable do dereito da Unión, en particular:

a) As medidas de axuda cuxa concesión estea supeditada á obriga de que o beneficiario teña a súa sede nun Estado membro pertinente ou de que estea establecido predominantemente nese Estado membro; con todo, autorízase o requisito de dispor dun establecemento ou dunha sucursal no Estado membro que concede as axudas no momento en que se fagan efectivas.

b) As medidas de axuda cuxa concesión estea supeditada á obriga de que o beneficiario utilice bens de produción nacional ou servizos nacionais.

c) As medidas de axuda que restrinxan a posibilidade de que os beneficiarios exploten os resultados da investigación, o desenvolvemento e a innovación noutros Estados membros.

5. Tampouco resultarán subvencionables por esta orde as axudas que superen os dez millóns de euros por empresa e ano, conforme o establecido no artigo 4 do Regulamento 651/2014. Este limiar máximo de axuda non poderá ser evitado mediante a división artificial dos réximes de axudas ou dos proxectos de axuda.

6. Na solicitude da axuda e nas solicitudes de pagamento da subvención concedida, a empresa declarará que se cumpren todas as condicións previstas neste artigo, que non está incursa en algún dos supostos de exclusión e que non se supera o limiar máximo da axuda.

Artigo 5. Competencia

A competencia para coñecer e resolver as solicitudes das subvencións previstas nesta orde, por delegación da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria, corresponderalle á persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Artigo 6. Solicitudes e prazos

1. As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ao órgano competente para resolver, á persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes por vía electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, da persoa solicitante ou da persoa representante que actúe con poder suficiente, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel nos rexistros da Xunta de Galicia ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. As solicitudes do Programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego, regulado no capítulo II desta orde, poderán presentarse ata o 30 de setembro de 2016.

As solicitudes de subvención para a adaptación de postos de traballo e de asistencia técnica presentaranse con anterioridade á realización da adaptación ou á súa realización. Non obstante, as solicitudes polas adaptacións de postos de traballo e polas asistencias técnicas realizadas entre o 1 de outubro de 2015 e a data de publicación desta orde poderán presentarse no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

3. O prazo de presentación de solicitudes do Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, regulado no capítulo III desta orde, será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.

4. As solicitudes e os anexos dos programas están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) e na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria na ligazón: http://traballo.xunta.es/axudas-e-subvencions

5. As solicitudes das persoas ou entidades interesadas xuntaran os documentos sinalados para cada tipo de axuda nos capítulos II e III desta orde, salvo que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da Administración actuante; neste caso, o solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, se for o caso, emitidos, e cando non tivesen transcorrido máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa ou entidade solicitante a súa presentación con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Se a solicitude non estiver debidamente cuberta ou non se achegar a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirá a persoa ou entidade interesada para que, nun prazo máximo e improrrogable de 10 días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos coa advertencia de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa petición, logo da resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da antedita lei.

6. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e das entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante superase os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaños máximos admitidos da documentación complementaria para cada procedemento.

8. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código do rexistro.

9. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 7. Consentimentos, autorizacións e datos de carácter persoal

1. A presentación da solicitude de subvención pola persoa ou entidade interesada comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, segundo o establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Non obstante, a persoa ou entidade solicitante poderá denegar expresamente o consentimento e, daquela, deberá entregar coa solicitude a certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Conforme o previsto no artigo 11 do regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, no caso de que a entidade solicitante sexa unha institución sen ánimo de lucro, a obriga de presentar as ditas certificacións poderá ser substituída pola declaración responsable da entidade solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.

2. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que como consecuencia delas puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

3. Coa presentación da solicitude de subvención, a persoa ou entidade interesada autoriza expresamente a Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, de acordo co establecido no artigo 17.1 b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia, publique as subvencións concedidas ao abeiro desta orde no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web oficial, con expresión da convocatoria, o programa, o crédito orzamentario a que se imputan, a entidade beneficiaria, a contía concedida e a finalidade da subvención.

4. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

5. De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades; cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante o envío dunha comunicación ao enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, ou a través dun correo electrónico a: lopd.industria@xunta.gal

6. A presentación de solicitudes ao abeiro desta orde supón a existencia de autorización expresa de todas as persoas traballadoras con discapacidade do centro especial de emprego para a cesión de datos de carácter persoal á Consellería de Economía, Emprego e Industria, incluídos os relativos ao tipo e grao de discapacidade, polo que o centro especial de emprego é responsable de informar a persoa traballadora sobre a existencia e finalidade da cesión así como da obtención do seu consentimento.

7. A comprobación do cumprimento dos requisitos das persoas traballadoras polas que se solicita a subvención, previstos no artigo 3, números 1 e 2 desta orde, efectuarase mediante a cesión de datos realizada pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, polo Servizo Público de Emprego de Galicia e pola Consellería de Política Social, de conformidade co previsto no artigo 6.2.b) da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos; nos artigos 11.2 e 21 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal; no artigo 10.4 c) do regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, aprobado polo Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, e nos artigos 14.1.b) e 20.2.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 8. Procedemento de concesión, instrución e tramitación

1. O procedemento de concesión das subvencións do Programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego, regulado no capítulo II desta orde, axustarase ao disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.

O procedemento de concesión do Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, regulado no capítulo III desta orde, tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, nos termos establecidos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O órgano instrutor dos expedientes será o Servizo de Integración Laboral da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que realizará as actuacións necesarias para determinar o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

Esta fase completarase incorporando ao expediente a información que conste na Subdirección Xeral de Economía Social da Consellería de Economía, Emprego e Industria sobre as autorizacións administrativas e inscricións no rexistro como centros especiais de emprego, así como o seu recoñecemento e inscrición como centro especial de emprego sen ánimo de lucro, conforme o previsto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento.

Artigo 9. Resolución e recursos

1. Logo da fiscalización pola Intervención Delegada das propostas emitidas polo Servizo de Integración Laboral, as resolucións serán ditadas polo órgano competente, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego, por delegación da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e deberán serlles notificadas ás persoas ou entidades interesadas. As resolucións, concesorias ou denegatorias, deberán ser sempre motivadas.

2. O prazo para resolver e notificar a resolución, no caso do programa do capítulo II, será de tres meses, que se computarán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación; no caso do programa do capítulo III, o prazo para resolver e notificar a resolución será de tres meses, que se computarán desde a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Unha vez transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, entenderase rexeitada a solicitude por silencio administrativo, de conformidade co previsto no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

3. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro.

4. Unha vez notificada a resolución polo órgano competente, as persoas ou entidades interesadas propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa, se entenderá tacitamente aceptada.

Artigo 10. Xustificación

1. A xustificación por parte da persoa ou entidade beneficiaria do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a axuda ou subvención e da aplicación dos fondos percibidos realizarase nos termos e condicións establecidos nos capítulos II e III desta orde.

2. A determinación dos gastos subvencionables realizarase conforme o establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

3. Considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido nos correspondentes capítulos II e III desta orde.

4. Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación.

As facturas deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, e deberán estar emitidas non máis tarde do 20 de novembro de 2016.

A xustificación do pagamento dos gastos obxecto das subvencións desta orde deberase acreditar mediante transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario de pagamento. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento. Non se admitirán os pagamentos en efectivo. Así mesmo, non se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria. En todo caso o pagamento dos gastos obxecto das subvencións desta orde deberá terse realizado non máis tarde do 20 de decembro de 2016.

Artigo 11. Pagamento

1. As empresas e entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa para o pagamento no prazo establecido na resolución de concesión ou, se é o caso, ata o 20 de decembro de 2016. Excepcionalmente, e por causas debidamente xustificadas, o órgano concedente poderá outorgar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación, que non exceda a metade do prazo. O acordo de ampliación deberá ser notificado ás persoas ou entidades beneficiarias.

2. Non poderá realizarse en ningún caso o pagamento da subvención mentres a persoa ou entidade beneficiaria non figure ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias –estatais e autonómicas– e da Seguridade Social, sexa debedora en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma.

Artigo 12. Incompatibilidades e concorrencia

1. En ningún caso o importe das subvencións concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, concedidos por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a persoa ou entidade beneficiaria.

2. As subvencións ás persoas traballadoras das unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social reguladas nesta orde serán incompatibles, para a mesma persoa traballadora con discapacidade que forma parte da unidade de apoio, coas subvencións do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego, establecidas na orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Artigo 13. Obrigas das persoas ou entidades beneficiarias

Son obrigas das persoas ou entidades beneficiarias das subvencións:

a) Realizar a actividade que fundamente a concesión da subvención.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polos beneficiarios e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a se ditar a proposta de resolución de concesión e a realizar a proposta de pagamento da subvención.

f) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

Agás aquelas entidades beneficiarias que pola normativa vixente estean exentas da obriga de levar a cabo unha contabilidade, as entidades beneficiarias teñen a obriga de acreditar que levan unha contabilidade separada ou un código contable adecuado para os gastos obxecto da subvención.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

De acordo con esta obriga, o centro especial de emprego deberá anunciar que está sendo subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no seu domicilio social e nos seus centros de traballo. Para isto incorporarán un rótulo visible ao público incluíndo o nome do centro, a expresión «Centro Especial de Emprego» e o logotipo da Xunta de Galicia. Os formatos que se utilicen serán os proporcionados pola Secretaría Xeral de Emprego, que constan na web da Consellería de Economía, Emprego e Industria ou no seguinte enlace directo: http://traballo.xunta.es/publicidade-centros-especiais-de-emprego

Igualmente, a entidade beneficiaria das subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional deberá presentar, para o pagamento da subvención concedida, a xustificación do cumprimento da obriga de informar o traballador ou a traballadora sobre a subvención do seu contrato, no modelo anexo IX da orde.

i) Ter levado a cabo a organización preventiva, a auditoría, se procede, e o plan de prevención, de acordo co previsto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e na normativa regulamentaria de desenvolvemento.

j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

k) Cando o centro especial de emprego sexa beneficiario da subvención financeira, no prazo de 30 días desde a data en que teña coñecemento do pagamento efectivo da subvención, ten que presentar unha certificación expedida pola entidade financeira, acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

l) Estar ao día no cumprimento das obrigas rexistrais, previstas no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento; en especial, cumprir coas obrigas de comunicación previstas no seu artigo 7 e coa obriga de presentar a memoria anual ante a Subdirección Xeral de Economía Social da Consellería de Economía, Emprego e Industria, co contido e no prazo establecido no seu artigo 8.

m) Someter á auditoría as contas anuais correspondentes ao exercicio en que recibisen subvencións ou axudas públicas por un importe total acumulado superior a 600.000 euros, e naqueles exercicios en que se realicen operacións ou se executen investimentos correspondentes ás ditas subvencións ou axudas, conforme o establecido no texto refundido da Lei de auditoría de contas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2011, do 1 de xullo, e o regulamento que o desenvolve, aprobado polo Real decreto 1517/2011, do 31 de outubro.

n) Para cumprir co establecido no artigo 13 do Real decreto 2273/1985, do 4 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de centros especiais de emprego, os centros beneficiarios das subvencións, con cargo ao Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego do ano 2016, deberán remitir a información identificativa do centro, as relacións nominais dos traballadores e das traballadoras con discapacidade e sen discapacidade o 31 de decembro de 2016, segundo os modelos de impresos Mem./1, 2, 3 e 4 que constan na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ou no seguinte enlace directo: http://traballo.xunta.es/seguimento-cadro-persoal-centros-especiais-de-emprego

Esta documentación deberán remitila, xunto cos TC-1 ou RLC (recibo de liquidación de cotizacións) e os TC-2 ou RNT (relación nominal de traballadores) do mes de decembro de 2016, non máis tarde do 15 de febreiro do ano 2017, á Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña.

Artigo 14. Modificación da resolución de concesión

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa revogación.

Artigo 15. Revogación e reintegro

1. Procederá a revogación das subvencións e axudas, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A declaración xudicial ou administrativa de nulidade ou anulabilidade da resolución de concesión, de acordo co procedemento e causas establecidas no artigo 32 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a obriga de devolver as cantidades percibidas.

De conformidade co artigo 14.1, letra n) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, o importe que se vai reintegrar determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións:

a) A obtención da subvención falseando os datos, feitos ou documentación, así como as condicións requiridas para a concesión, ou ocultando aquelas que o impedisen: reintegro do 100 % da subvención concedida.

b) Destinar a subvención a un plan de investimento diferente do aceptado: reintegro do 100 % da subvención concedida.

c) O incumprimento da finalidade, requisitos e condicións exixidas á entidade beneficiaria para a concesión da subvención: reintegro do 100 % da subvención concedida.

d) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación previstas no artigo 24 letra c) desta orde, o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, previstas no artigo 13 letras f) e g) desta orde, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado: reintegro do 100 % da subvención concedida.

e) O incumprimento da obriga en materia de publicidade do financiamento público, mediante a colocación do rótulo visible ao público, conforme o previsto no artigo 13, letra h): reintegro do 2 % da subvención concedida.

Non obstante, no suposto de resultar aínda posible o cumprimento desta obriga, o órgano xestor deberá requirir a entidade beneficiaria para que incorpore o rótulo, nun prazo non superior a 15 días, con expresa advertencia de que o seu incumprimento implicará o inicio do expediente declarativo da procedencia do reintegro.

f) A percepción das subvencións polos custos das persoas traballadoras das unidades de apoio á actividade profesional, coa percepción da subvención do custo salarial pola mesma persoa con discapacidade integrante da unidade de apoio á actividade profesional: reintegro do 100 % da subvención concedida.

g) O incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos, públicos ou privados, que financien as actividades subvencionadas: reintegro do 5 % da axuda concedida.

Ademais, cando sexa a Administración da Comunidade Autónoma a que advirta un exceso de financiamento respecto do custo total da actividade subvencionada, exixirá o reintegro polo importe total do exceso, ata o límite do 100 % da subvención concedida.

2. A entidade beneficiaria deberá reintegrar o exceso de financiamento, público ou privado, respecto do custo total da actividade subvencionada. Cando se produza exceso das subvencións percibidas de distintas entidades públicas respecto do custo da actividade, e estas fosen compatibles entre si, a entidade beneficiaria deberá reintegrar o exceso xunto cos xuros de demora, unindo as cartas de pagamento á correspondente xustificación. O reintegro do exceso farase a favor das entidades concedentes en proporción ás subvencións concedidas por cada unha delas.

3. O procedemento de reintegro substanciarase conforme o previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. As obrigas de reintegro establecidas neste artigo enténdense sen prexuízo da posible cualificación dos feitos como infracción administrativa e incoación do expediente sancionador, de acordo cos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Artigo 16. Seguimento e control.

A Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria poderá comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos, as persoas ou entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas de comprobación que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

Artigo 17. Devolución voluntaria da subvención

De acordo co establecido no artigo 64 do regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as persoas ou entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta ES82 2080 0300 8731 1006 3172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a persoa ou entidade beneficiaria deberá presentar, ante o órgano concedente, copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na cal conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

CAPÍTULO II

Programa de integración laboral das persoas con discapacidade
en centros especiais de emprego

Artigo 18. Obxecto

O obxecto deste programa é incentivar a creación, ampliación e mantemento de emprego nos centros especiais de emprego, mediante o financiamento parcial de iniciativas ou proxectos técnica, económica e financeiramente viables, que xeren emprego, preferentemente estable, para traballadores e traballadoras con discapacidade.

Artigo 19. Tipos de axuda

Neste programa recóllense as accións subvencionables e os tipos de axudas seguintes:

a) Proxectos de creación e de ampliación do cadro de persoal de centros especiais de emprego.

– Axudas para asistencia técnica.

– Subvención financeira.

– Subvención en función do investimento en activo fixo.

b) Mantemento de centros especiais de emprego.

– Subvención para a adaptación de postos de traballo.

– Axudas para asistencia técnica.

Artigo 20. Proxectos de creación e de ampliación do cadro de persoal de centros especiais de emprego

1. As axudas para a creación e a ampliación de centros especiais de emprego reguladas neste capítulo teñen por finalidade apoiar os proxectos xeradores de emprego de carácter estable para persoas con discapacidade, a través da creación de novos postos de traballo indefinidos para persoas con discapacidade, inscritas como demandantes de emprego non ocupadas no Servizo Público de Emprego, ou no suposto de transformación en indefinidos dos contratos temporais de fomento de emprego de persoas con discapacidade ou de transformación en indefinidos dos contratos de duración determinada ou temporais, incluídos os formativos, sempre que se xustifique adecuadamente o investimento que implica o proxecto para algunha ou algunhas das seguintes accións:

a) Axudas para asistencia técnica.

Poderanse subvencionar os gastos ocasionados pola asistencia técnica necesaria para a creación ou ampliación de centros especiais de emprego.

Esta asistencia técnica deberán prestala empresas ou persoas físicas especializadas que reúnan garantía de solvencia profesional e poderá consistir nalgunha das modalidades seguintes:

I. Estudos de viabilidade, organización, comercialización e outros de natureza análoga.

II. Contratación de directores ou directoras, xerentes ou persoal técnico, por un período máximo dun ano.

III. Auditorías e informes económicos, sempre que estes non se realicen de xeito obrigatorio por unha disposición que así o exixa.

IV. Labores de asesoramento nas diversas áreas de xestión empresarial, excluídas as tarefas que, pola súa natureza, teñan carácter ordinario e continuado na actividade da empresa.

A solicitude de asistencia técnica deberá presentarse con carácter previo á súa realización. O centro especial de emprego deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes prestadores da modalidade de asistencia técnica. Coa solicitude da axuda deberá xustificarse a elección entre as ofertas presentadas.

b) Subvención financeira.

A subvención financeira ten por finalidade facilitar o emprego nos centros especiais de emprego, mediante a redución dos xuros dos préstamos para financiar investimentos en activo fixo, concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Economía, Emprego e Industria e solicitados a nome dos centros especiais de emprego. Non obstante, no caso de constitución do centro especial de emprego, poderase destinar ata un 25 % do préstamo que se vai financiar ao activo circulante.

Esta subvención será, como máximo, de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade de crédito que conceda o préstamo, pagadoira dunha soa vez, en contía calculada como se a subvención se xerase cada ano da duración deste, incluído o posible período de carencia.

c) Subvención en función do investimento en activo fixo.

Aqueles centros especiais de emprego que se consideren proxectos de recoñecido interese social poderán beneficiarse dunha axuda á creación de emprego calculada en función do investimento en activo fixo que se realice, excluídos os impostos que graven a adquisición.

2. As iniciativas e os proxectos referentes aos centros especiais de emprego que soliciten as axudas recollidas no número anterior deberán reunir viabilidade técnica, económica e financeira e supor a creación de emprego estable. A subvención máxima polo conxunto dos tres tipos de axudas poderá acadar a contía de 12.000 euros por cada posto de traballo creado con carácter indefinido para traballadores e traballadoras con discapacidade.

Para os efectos destas subvencións unicamente serán subvencionables aqueles novos postos de traballo que, sendo cubertos con persoas con discapacidade con carácter estable, supoñan incremento respecto ao cadro de persoal fixo de persoas con discapacidade que tiña o centro no ultimo expediente concedido de axudas a proxectos de creación e de ampliación do cadro de persoal de centros especiais de emprego.

Serán subvencionables os novos postos de traballo creados con carácter estable, a partir do 1 de outubro de 2015 e ata o prazo máximo previsto na resolución de concesión e, en todo caso, ata o 20 de decembro de 2016.

Para o cálculo do límite destas subvencións terase en conta a acreditación dos gastos e investimentos, sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, realizados entre o 1 de outubro de 2015 e o 20 de novembro de 2016 e xustificados mediante facturas emitidas no mesmo período. Deberán presentarse os documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, se é o caso, ata o 20 de decembro de 2016.

Para a determinación da contía das axudas aplicaranse os criterios de gradación seguintes:

a) A porcentaxe de traballadores e traballadoras con discapacidade respecto do total do cadro de persoal do centro especial de emprego: só se poderá acadar a contía máxima da subvención cando o número de traballadores e traballadoras con discapacidade supere o 90 % do cadro de persoal. Se o número de traballadores e traballadoras con discapacidade do centro especial de emprego está comprendido entre o 70 % e o 90 % do total do seu cadro de persoal, a subvención por posto de traballo creado con carácter estable poderá ser de ata o 90 % da contía máxima.

Para os efectos de determinar a porcentaxe de traballadores e traballadoras con discapacidade, non se computará o persoal sen discapacidade dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social, así como o que preste servizos naquelas actividades ou postos de traballo específicos que, pola súa propia natureza ou complexidade, non poidan ser desempeñados por persoas con discapacidade.

Entenderanse por servizos de axuste persoal e social os de rehabilitación, terapéuticos, de integración social, culturais e deportivos que procuren ao traballador ou traballadora con discapacidade do centro especial de emprego unha maior rehabilitación persoal e mellor adaptación da súa relación social.

b) Natureza e grao da discapacidade dos traballadores e traballadoras contratados: as contías máximas das axudas, unha vez aplicado o criterio da alínea a) anterior, poderán ser acadadas cando sexan persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %, ou sexan persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %. Noutro caso, a contía máxima da subvención poderá ser de ata o 90 %.

c) Natureza e grao da discapacidade da totalidade dos traballadores e traballadoras con discapacidade do centro especial de emprego: as contías máximas das axudas, unha vez aplicados os criterios das alíneas a) e b) anteriores, poderán ser acadadas no caso de que máis da metade do cadro de persoal con discapacidade do centro sexan persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %, ou sexan persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %. Noutro caso, a contía máxima da subvención poderá ser de ata o 90 %.

No caso de tratarse de centros sen ánimo de lucro, segundo a cualificación rexistral do artigo 10 do Decreto 200/2005, do 7 de xullo, soamente será de aplicación o criterio de gradación establecido na alínea a) anterior.

No caso de contratacións indefinidas a tempo parcial, os importes das axudas serán proporcionais á duración da xornada estipulada no contrato.

Artigo 21. Mantemento de centros especiais de emprego

Para o mantemento de postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade establécense as seguintes axudas:

a) Poderá concederse unha subvención para o mantemento dos postos de traballo que requiran unha eliminación de barreiras arquitectónicas e/ou unha adaptación de postos de traballo. Será requisito para a concesión desta axuda que se acredite a necesidade da adaptación ou eliminación de barreiras arquitectónicas para manter o posto de traballo en atención á discapacidade da persoa pola que se solicita a subvención. A contía máxima desta subvención será de 1.800 euros por posto de traballo, sen que en ningún caso sexa superior ao custo real.

b) Axudas para asistencia técnica.

Poderanse subvencionar os gastos ocasionados pola asistencia técnica necesaria para o mantemento dos postos de traballo nos centros especiais de emprego, nos termos previstos no artigo 20.1 letra a) desta orde, para as modalidades indicadas nos apartados I, II e III.

O importe máximo da axuda de asistencia técnica para o mantemento dos postos de traballo non poderá superar o importe total do custo ocasionado ata unha contía máxima de 15.000 euros, sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

Artigo 22. Solicitudes e documentación

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos á orde e deberán ir acompañadas do orixinal, copia compulsada ou copia cotexada da documentación que se relaciona:

1. Documentación común para todos os tipos de axudas:

a) Solicitude no modelo normalizado, no anexo e procedemento correspondente que se indica para cada tipo de axuda, que incluirá a declaración comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, polas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

b) DNI ou NIE do representante da entidade en caso de non prestar a autorización no modelo da solicitude á Consellería de Economía, Emprego e Industria para a consulta dos seus datos no Sistema de verificación de datos de identidade.

c) Se o solicitante é persoa xurídica, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da entidade.

d) Memoria que recolla a titularidade do centro, enderezos dos centros de traballo, actividades, cumprimento ou non dos seus obxectivos económicos e de axuste persoal e social e as causas que as motivaron. No caso de centros que realicen contratos previstos no Real decreto 364/2005, do 8 de abril, polo que se regula o cumprimento alternativo con carácter excepcional da cota de reserva en favor de traballadores e traballadoras con discapacidade, a memoria conterá a tipoloxía das accións realizadas e os recursos aplicados de acordo co artigo 4.1 do citado real decreto.

Para as solicitudes de subvención para a adaptación do posto de traballo non será necesaria a presentación desta memoria.

e) Certificación da relación nominal dos traballadores e traballadoras do cadro de persoal do centro especial de emprego con indicación da relación das persoas traballadoras con discapacidade contratadas e daquelas polas cales se solicita a subvención, a relación do persoal traballador de axuste persoal e social que teña o centro e daquelas persoas traballadoras non afectadas por discapacidade, con indicación das que realizan servizos e/ou ocupan postos que pola súa especificidade non pode realizar o persoal con discapacidade (segundo o modelo do anexo II), agás no caso da subvención para a adaptación de postos de traballo, en que se xuntará unha relación nominal das persoas traballadoras con discapacidade polas cales se solicita a subvención (segundo o anexo IV).

f) De ser o caso, resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) que recoñeza a condición de pensionista por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou resolución do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas ou do Ministerio de Defensa que recoñeza unha pensión por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade, ou certificado de ser perceptor destas pensións, unicamente no suposto de que a persoa con incapacidade permanente non autorice expresamente, no anexo V desta orde, para acceder a esta información no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas do INSS.

2. Documentación específica para a axuda de asistencia técnica:

a) Solicitude nos modelos normalizados do anexo I, procedemento TR341E, para os proxectos de creación, e no modelo do anexo III, procedemento TR341N, para a axuda do mantemento.

b) Memoria explicativa do contido da modalidade de asistencia solicitada, xustificación da súa necesidade e orzamento detallado do seu custo.

c) Memoria da entidade e/ou currículum vítae da persoa que vai prestar o servizo.

d) Cando se trate de estudos ou de asesoramento, un índice do seu contido.

e) Xustificación de ter solicitadas como mínimo tres ofertas de diferentes prestadores da modalidade de asistencia técnica e xustificación da elección entre as ofertas presentadas. No suposto da modalidade de contratación, xustificación da elección adoptada para a cobertura do posto de traballo.

3. Documentación específica para a subvención financeira:

a) Solicitude no modelo normalizado do anexo I, procedemento TR341E.

b) Memoria económica do proxecto que inclúa o orzamento de investimento e o plan de financiamento en relación coa finalidade ou obxecto da axuda e xustificación da súa necesidade.

c) Compromiso da entidade financeira sobre a súa concesión, en que figuren as súas características e se faga constar que a operación se acolle ao convenio subscrito para tal fin ou, de ser o caso, o contrato de préstamo xa formalizado.

d) Facturas e, no caso de estaren efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polos provedores ou acredores dos activos fixos que se financiarán co préstamo.

4. Documentación específica para as subvencións en función do investimento en activo fixo:

a) Solicitude no modelo normalizado do anexo I, procedemento TR341E.

b) Memoria ampliada do proxecto de creación ou ampliación do cadro de persoal e do investimento relacionado cos postos de traballo que se crean e antecedentes.

c) Detalle do plan de investimentos en activos fixos e calendario para a súa execución, xunto coas facturas e, no caso de estaren efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, na súa falta, facturas pro forma e orzamentos expedidos polos provedores ou acredores.

d) Estudo económico-financeiro de viabilidade do proxecto.

e) Balance e conta de perdas e ganancias dos dous últimos exercicios e provisionais para o exercicio corrente e os dous próximos.

5. Documentación específica para a subvención de adaptación de postos de traballo:

a) Solicitude no modelo normalizado do anexo III, procedemento TR341N.

b) Relación nominal dos traballadores e traballadoras con discapacidade por quen se solicita a subvención (segundo o modelo do anexo IV).

c) Memoria explicativa do obxecto da axuda e xustificación da súa necesidade.

d) Orzamento ou facturas pro forma do investimento que se vai realizar.

Artigo 23. Pagamento e xustificación

1. De non terse achegado con anterioridade, o pagamento das axudas quedará condicionado á presentación do orixinal, copia compulsada ou copia cotexada, no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de concesión, da documentación común e da específica que se exixa de forma expresa nela, entre a cal deberá figurar a relacionada nos puntos seguintes:

A. Documentación común:

a) Documentación xustificativa para acreditar o cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención segundo o tipo de axuda.

b) Declaración comprensiva do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou doutros entes públicos ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo o modelo do anexo X).

c) De ser o caso, extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e da subvención concedida. Os documentos contables que se xunten deben incluír as contas ou subcontas en que se contabilizaron os gastos imputados, as datas e os números de asentos contables. Estes documentos contables poden ir xunto cunha breve descrición sobre a sistemática de contabilización dos gastos.

d) De ser o caso, resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) que recoñeza a condición de pensionista por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou resolución do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas ou do Ministerio de Defensa que recoñeza unha pensión por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade, ou certificado de ser perceptor destas pensións, unicamente no suposto de que a persoa con incapacidade permanente non autorice expresamente, no anexo V desta orde, para acceder a esta información no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas do INSS.

B. Documentación específica:

a) Cando se trate de asistencia técnica na súa modalidade contractual, xuntarase copia do contrato, alta na Seguridade Social e nóminas aboadas. Para as outras modalidades de asistencia técnica, xuntaranse as facturas acreditativas do custo do servizo recibido e, para o caso da elaboración de estudos ou informes, presentarase copia del.

b) Cando se trate da subvención financeira, xuntarase copia do contrato de préstamo, facturas xustificativas da realización do investimento en inmobilizado fixo e documentos acreditativos do seu pagamento mediante xustificante bancario de pagamento.

c) Cando se trate da subvención en función do investimento en activo fixo, xuntaranse documentos xustificativos da súa realización e do seu efectivo pagamento mediante xustificante bancario de pagamento.

d) Cando se trate dalgunha das axudas de proxectos de creación e de ampliación do cadro de persoal de centros especiais de emprego, recollidas no artigo 20 desta orde, achegarase:

I. Documentación acreditativa da contratación e alta na Seguridade Social das persoas con discapacidade que ocupan os novos postos de traballo creados con carácter estable.

II. Certificación actualizada á data de presentación desta documentación da relación nominal dos traballadores e traballadoras do cadro de persoal do centro especial de emprego (segundo o modelo do anexo II).

e) A xustificación para a percepción da subvención para adaptación de postos de traballo requirirá a presentación da documentación xustificativa da súa realización e do seu efectivo pagamento mediante xustificante bancario de pagamento.

2. Non poderá realizarse o pagamento da subvención se o centro especial de emprego non se atopa ao día no cumprimento da obriga de presentar, ante o Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a memoria anual prevista no artigo 8 do Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento. O cumprimento desta obriga será comprobado de oficio polo órgano xestor das subvencións.

CAPÍTULO III

Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego

Artigo 24. Finalidade

A finalidade deste programa é promover a integración laboral das persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción mediante o seu emprego nos centros especiais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 25. Obxecto

O obxecto deste programa é subvencionar os custos salariais e da Seguridade Social por conta da empresa, derivados da contratación indefinida do persoal traballador das unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, previstos no artigo 43 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, como instrumentos de modernización destes servizos de axuste.

Artigo 26. Concepto de unidade de apoio á actividade profesional

Enténdense por unidades de apoio á actividade profesional os equipos multiprofesionais enmarcados dentro dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego que, mediante o desenvolvemento das funcións e das misións previstas no artigo 27 desta orde, permiten axudar a superar as barreiras, obstáculos ou dificultades que as persoas traballadoras con discapacidade dos ditos centros teñen no proceso de incorporación a un posto de traballo, así como a permanencia e progresión neste.

Artigo 27. Funcións das unidades de apoio á actividade profesional

O persoal integrado nas unidades de apoio á actividade profesional definidas no artigo anterior desenvolverá as seguintes funcións:

a) Detectar e determinar, logo de valoración de capacidades da persoa e análise do posto de traballo, as necesidades de apoio para que a persoa traballadora con discapacidade poida desenvolver a súa actividade profesional.

b) Establecer as relacións precisas co contorno familiar e social das persoas traballadoras con discapacidade para que este sexa un instrumento de apoio e estímulo ao traballador ou traballadora na incorporación a un posto de traballo e á estabilidade neste.

c) Desenvolver cantos programas de formación sexan necesarios para a adaptación da persoa traballadora ao posto de traballo, así como ás novas tecnoloxías e procesos produtivos.

d) Establecer apoios individualizados para cada traballadora ou traballador e posto de traballo.

e) Favorecer e potenciar a autonomía e independencia das persoas traballadoras con discapacidade, principalmente, no seu posto de traballo.

f) Favorecer a integración de novas persoas traballadoras ao centro especial de emprego mediante o establecemento dos apoios adecuados para tal fin.

g) Asistir á persoa traballadora do centro especial de emprego no proceso de incorporación a enclaves laborais e ao mercado ordinario de traballo.

h) Detectar e intervir nos posibles procesos de deterioración evolutiva das persoas traballadoras con discapacidade co fin de evitar e atenuar os seus efectos.

Artigo 28. Persoal destinatario final do programa

1. O persoal destinatario final deste programa serán as traballadoras e os traballadores con discapacidade dos centros especiais de emprego que se encontren nalgún dos supostos que se describen a seguir:

a) Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

b) Persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.

2. As unidades de apoio á actividade profesional poderán prestar servizo tamén aos traballadores e traballadoras con discapacidade do centro especial de emprego que non inclúa o punto anterior, sempre e cando a dedicación a este persoal traballador non menoscabe a atención do persoal incluído no punto anterior.

Artigo 29. Entidades beneficiarias das subvencións

Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións que se regulan neste programa os centros especiais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran cos seguintes requisitos:

a) Que formen parte do seu cadro de persoal traballadores e/ou traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no punto 1 do artigo 28 desta orde.

b) Dispoñer, ou ter previsto dispoñer nos prazos correspondentes, de unidades de apoio á actividade profesional, que teñan a composición establecida no artigo 31 desta orde.

Artigo 30. Subvencións e a súa contía.

1. As subvencións establecidas neste programa destinaranse a financiar os custos salariais e da Seguridade Social por conta da empresa, derivados da contratación indefinida do persoal traballador das unidades de apoio á actividade profesional nos centros especiais de emprego, para o desenvolvemento das funcións descritas para estas no artigo 27.

2. A contía da subvención establécese en 2.400 euros anuais por cada traballadora ou traballador co tipo e grao de discapacidade indicados no punto 1 do artigo 28, con contrato por tempo indefinido ou mediante contrato temporal de duración igual ou superior a seis meses.

A subvención de 2.400 euros reducirase proporcionalmente en función da duración dos contratos das persoas traballadoras con discapacidade tidos en conta para o cálculo da subvención segundo o punto anterior, cando teñan unha duración inferior ao ano; así como en función da duración da xornada no suposto de que o contrato sexa a tempo parcial.

3. Estas subvencións concederanse por períodos anuais, logo de solicitude por parte do centro especial de emprego, e terase en conta para o cálculo da súa contía o número de traballadoras e traballadores con discapacidade que se encontren nos supostos indicados no punto 1 do artigo 28 e a composición da unidade de apoio á actividade profesional acreditados no momento da presentación da solicitude.

4. Serán subvencionables os custos salariais e da Seguridade Social correspondentes ás mensualidades desde outubro de 2015 ata setembro de 2016, ambas inclusive.

No suposto de traballadores e traballadoras con discapacidade con contratos temporais de duración igual ou superior a seis meses, este período debe estar comprendido dentro do período subvencionable.

5. A contía da subvención en ningún caso poderá exceder o fixado no convenio colectivo de aplicación para o posto de traballo do persoal traballador da unidade de apoio á actividade profesional.

Artigo 31. Composición das unidades de apoio á actividade profesional

1. Os centros especiais de emprego que accedan a estas subvencións deberán dispoñer de unidades de apoio á actividade profesional cuxa composición se establecerá de acordo cos módulos que se indican a seguir:

a) Ata 15 persoas traballadoras con discapacidade das indicadas no punto 1 do artigo 28, unha persoa profesional técnica de grao medio ou superior, ou con coñecementos e/ou experiencia equiparables, polo menos, ao 20 % da súa xornada, e unha persoa encargada do apoio á produción a tempo completo ou o número de persoas que correspondan proporcionalmente se a contratación se realiza a tempo parcial.

b) De 16 a 30 persoas traballadoras, unha persoa profesional técnica de grao medio ou superior, ou con coñecementos e/ou experiencia equiparables, polo menos, ao 80 % da súa xornada, e dúas persoas encargadas do apoio á produción a tempo completo ou as que correspondan proporcionalmente se a contratación se realiza a tempo parcial.

c) De 31 a 45 persoas traballadoras, dúas persoas profesionais técnicas de grao medio ou superior, ou con coñecementos e/ou experiencia equiparables, unha delas a tempo completo e a outra, polo menos, ao 50 % da súa xornada, e tres persoas encargadas do apoio á produción a tempo completo ou o número de persoas que correspondan proporcionalmente se a contratación se realiza a tempo parcial.

d) De 46 a 60 persoas traballadoras, dúas persoas profesionais técnicas de grao medio ou superior, ou con coñecementos e/ou experiencia equiparables, a tempo completo e catro persoas encargadas do apoio á produción a tempo completo ou o número de persoas que correspondan proporcionalmente se a contratación se realiza a tempo parcial.

e) De 61 a 75 persoas traballadoras, tres persoas profesionais técnicas de grao medio ou superior, ou con coñecementos e/ou experiencia equiparables, dúas delas a tempo completo e a outra, polo menos, ao 50 % da súa xornada, e cinco persoas encargadas do apoio á produción a tempo completo ou o número de persoas que correspondan proporcionalmente se a contratación se realiza a tempo parcial.

f) Para máis de 75 persoas traballadoras, establecerase o cadro de persoal da unidade de apoio á actividade profesional proporcionalmente, segundo os criterios anteriormente expresados.

2. Cando o número de persoas traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no punto 1 do artigo 28 a que se dirixe o servizo non se corresponda cos topes de cada módulo, o tempo de dedicación do persoal das unidades de apoio á actividade profesional será proporcional ao número das ditas persoas traballadoras con discapacidade.

3. A entidade beneficiaria deberá acreditar o mantemento da proporcionalidade exixida na composición dos módulos establecidos neste capítulo durante todo o período subvencionado. Cando por causas xustificadas se produzan vacantes do persoal que integra estas unidades, deberán ser cubertas co fin de manter a proporcionalidade establecida anteriormente.

4. Non se terán en conta para o cálculo da composición das unidades de apoio á actividade profesional e, por tanto, non serán subvencionables as persoas titulares dos centros especiais de emprego ou as que ocupen cargos de dirección e xestión neles.

Artigo 32. Solicitudes e documentación

1. As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos a esta orde e deberá xuntárselle o orixinal e a copia compulsada ou copia cotexada da documentación que se relaciona:

a) Solicitude no modelo do anexo VI, procedemento TR341K, que incluirá unha declaración comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, das administracións públicas competentes ou doutros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

b) DNI ou NIE do representante da entidade en caso de non prestar a autorización no modelo da solicitude á Consellería de Economía, Emprego e Industria para a consulta dos seus datos no Sistema de verificación de datos de identidade.

c) Se o solicitante é persoa xurídica, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da entidade.

d) Memoria que recolla a titularidade do centro, enderezos dos centros de traballo, actividades que desenvolve, cumprimento ou non dos seus obxectivos económicos e de axuste persoal e social e as causas que o motivaron. No caso de centros que realicen contratos previstos no Real decreto 364/2005, do 8 de abril, polo que se regula o cumprimento alternativo con carácter excepcional da cota de reserva en favor de traballadores e traballadoras con discapacidade, a memoria conterá a tipoloxía das accións realizadas e os recursos aplicados de acordo co artigo 4.1 do citado real decreto.

e) Certificación da relación nominal dos traballadores e traballadoras do cadro de persoal do centro especial de emprego, con indicación daquelas persoas traballadoras con discapacidade polas cales se solicita a subvención, a relación do persoal traballador de axuste persoal e social que teña o centro e daquelas persoas traballadoras non afectadas por discapacidade, con indicación das que realizan servizos e/ou ocupan postos que pola súa especificidade non pode realizar o persoal con discapacidade (segundo o modelo do anexo VII).

f) Memoria descritiva das funcións que vai desenvolver a unidade de apoio á actividade profesional e cada un dos traballadores e traballadoras que a integran, segundo as recollidas no artigo 27 desta orde. Esta memoria deberá incluír, cando menos, os obxectivos, recursos, orzamento, fases de implantación e sistemas de avaliación dos resultados. Deberán identificarse os traballadores e traballadoras da unidade de apoio á actividade profesional que prestan os apoios ás persoas con discapacidade, describirá detalladamente as accións de apoio que cada un deles desenvolve, indicando o tempo e a xornada de traballo destinados a estas funcións. Deberán engadirse os cronogramas, as follas de verificación ou seguimento, os indicadores de resultados ou calquera outras ferramentas que empregue o centro para avaliar a realización e consecución dos obxectivos dos apoios.

g) Documentación relativa á unidade de apoio á actividade profesional:

– Certificación da relación nominal do persoal traballador que a compón, segundo o modelo anexo VIII.

– Contratos de traballo.

– Currículum vítae xunto cos documentos que acrediten a súa formación e experiencia.

– Informe de datos para a cotización da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

h) Orzamento de gastos relativos aos custos salariais e da Seguridade Social das persoas traballadoras con contrato indefinido das unidades de apoio á actividade profesional polas que se solicita a subvención, referido ao período subvencionable, xunto con copia das nóminas e documento de transferencia bancaria que xustifique o pagamento destas, correspondentes ás mensualidades xa aboadas na data da solicitude.

i) Relación nominal das persoas traballadoras incluídas na cotización á Seguridade Social das mensualidades xa ingresadas na data da presentación da solicitude.

j) Documentación acreditativa, se é o caso, dos traballadores e das traballadoras con discapacidade procedentes do centro especial de emprego, contratados indefinidamente ou con contrato de traballo de, polo menos, seis meses, por empresas do mercado ordinario de traballo nos últimos dous anos.

Artigo 33. Comisión e criterios de avaliación e de adxudicación

1. O órgano competente para emitir o informe de avaliación será a Comisión de Avaliación, que terá a seguinte composición:

Presidencia: a persoa titular da Subdirección Xeral de Emprego.

Vogais: o xefe ou a xefa do Servizo de Integración Laboral e un funcionario ou unha funcionaria do servizo, designada pola persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego, que actuará como secretario ou secretaria.

2. A valoración das solicitudes presentadas efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

a) Porcentaxe de traballadores e traballadoras con discapacidade con contrato indefinido respecto do total de traballadores e traballadoras con discapacidade do cadro de persoal do centro especial de emprego, ata 30 puntos para unha porcentaxe do 100 %.

b) Porcentaxe de traballadores e traballadoras co tipo e grao de discapacidade descritos no artigo 28.1 desta orde, sobre o total de traballadores e traballadoras do centro especial de emprego, ata 30 puntos para unha porcentaxe do 100 %.

c) Porcentaxe de mulleres co tipo e grao de discapacidade descritos no artigo 28.1 desta orde, sobre o total de traballadores e traballadoras co dito tipo e grao de discapacidade do centro especial de emprego, ata 20 puntos para unha porcentaxe do 100 %.

d) Número de traballadores e traballadoras con discapacidade procedentes do centro especial de emprego, con contrato indefinido ou con contrato de traballo de, polo menos, seis meses, subscrito por empresas do mercado ordinario de traballo nos últimos dous anos, ata 5 puntos por traballador ou traballadora, cun máximo de 20 puntos.

Avaliarase en todo caso o emprego da lingua galega na elaboración da memoria da unidade de apoio á actividade profesional e servirá como criterio auxiliar para distinguir entre as solicitudes presentadas ás cales se asignase o mesmo número total de puntos en virtude dos anteriores criterios.

3. Non obstante, non será necesario fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos, para o caso de que o crédito consignado nesta convocatoria fose suficiente atendendo ao número de solicitudes, unha vez finalizado o prazo de presentación, conforme o previsto no artigo 55 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4. O órgano instrutor elevará o informe da Comisión de Avaliación xunto coa proposta de concesión ao órgano de resolución.

Artigo 34. Pagamento e xustificación

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento da subvención quedará condicionado á presentación do orixinal, copia compulsada ou copia cotexada da documentación que se exixa de forma expresa na resolución de concesión, xustificativa da realización da actividade para a cal se concedeu a subvención.

2. Para os efectos de proceder ao pagamento da subvención, a entidade beneficiaria deberá presentar a seguinte documentación:

a) Orzamento de gastos relativos aos custos salariais e da Seguridade Social do persoal traballador indefinido das unidades de apoio á actividade profesional pola cal se concedeu a subvención, xunto con copia das nóminas e documento de transferencia bancaria que xustifique o pagamento destas non achegadas coa solicitude e informe de datos para a cotización da Tesouraría Xeral da Seguridade Social deste persoal.

b) Relación nominal das persoas traballadoras incluídas na cotización á Seguridade Social das mensualidades non achegadas coa solicitude.

c) Documentación do cadro de persoas traballadoras con discapacidade do centro especial de emprego incluídas no artigo 28.1 desta orde: certificación da permanencia ou variacións deste persoal, mediante o modelo anexo VII da orde. Para o suposto de novas contratacións, contratos de traballo.

d) Declaración comprensiva do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou doutros entes públicos ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo o modelo do anexo X).

e) De ser o caso, extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e da subvención concedida. Os documentos contables que se presenten deben incluír as contas ou subcontas en que se contabilizaron os gastos imputados, as datas e os números de asentos contables. Estes documentos contables poden ir xunto cunha breve descrición sobre a sistemática de contabilización dos gastos.

f) Memoria asinada pola persoa responsable do centro especial de emprego e o persoal de apoio á actividade profesional, xustificativa do cumprimento dos obxectivos previstos pola unidade de apoio á actividade profesional no desenvolvemento das súas funcións. Esta memoria deberá incluír unha descrición detallada das accións de apoio que cada un dos traballadores e das traballadoras da unidade de apoio á actividade profesional prestaron ás persoas con discapacidade, indicando o tempo e a xornada de traballo destinados a estas funcións. Deberán engadirse os cronogramas, follas de verificación ou seguimento, indicadores de resultados ou calquera outra ferramenta que empregou o centro para avaliar a realización e consecución dos obxectivos dos apoios.

g) Certificación asinada pola persoa responsable do centro especial de emprego e o persoal de apoio á actividade profesional, da imputación da súa xornada á unidade de apoio á actividade profesional.

h) Declaración do cumprimento por parte da persoa ou entidade beneficiaria da obriga de informar as persoas traballadoras da unidade de apoio á actividade profesional sobre a subvención do seu contrato (segundo modelo do anexo IX).

i) Coa finalidade de garantir que non se produza un dobre cofinanciamento, na resolución de concesión establecerase que o pagamento final da subvención concedida quedará condicionado á presentación por parte da entidade beneficiaria dos orixinais das nóminas das persoas traballadoras da unidade de apoio á actividade profesional subvencionadas, correspondentes ás mensualidades subvencionadas, para seren marcados cun selo, indicando nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe da nómina se imputa total ou parcialmente á subvención. Neste último caso, indicarase, ademais, a contía exacta que resulte afectada pola subvención. Estes orixinais despois de seren selados serán devoltos á entidade beneficiaria polo órgano xestor.

3. Non poderá realizarse o pagamento da subvención se o centro especial de emprego non se atopa ao día no cumprimento da obriga de presentar, ante o Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a memoria anual prevista no artigo 8 do Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento. O cumprimento desta obriga será comprobado de oficio polo órgano xestor das subvencións.

Artigo 35. Obrigas das entidades beneficiarias

Son obrigas das entidades beneficiarias das subvencións previstas neste capítulo, ademais das xerais recollidas no artigo 13 da orde, as seguintes:

a) Manter os postos de traballo obxecto da subvención polo período subvencionable. Cando se produzan vacantes do persoal que integra as unidades de apoio á actividade profesional, deberán ser cubertas co fin de manter a proporcionalidade establecida no artigo 31 deste capítulo. A cobertura do novo posto terá que realizarse no prazo dun mes desde a data da baixa, feito que deberá ser comunicado pola entidade beneficiaria á Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria. No suposto de non manter os postos de traballo obxecto da subvención polo total do período subvencionable ou de non manter a proporcionalidade establecida no artigo 31 desta orde, procederá a revogación parcial da subvención concedida.

b) Manter no seu cadro de persoal o número de persoas con discapacidade, en función dos cales se concedeu a subvención, segundo o establecido no artigo 30.2 desta orde. No suposto de diminución deste número de persoas traballadoras con discapacidade, ou da duración dos contratos ou da súa xornada de traballo, procederá a revogación parcial da subvención concedida.

Disposición adicional primeira. Control, avaliación e seguimento

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Economía, Emprego e Industria levará a cabo funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos programas.

Para realizar estas funcións poderanse utilizar cantos medios estean ao dispor da Consellería de Economía, Emprego e Industria para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e as demais normas vixentes que resulten de aplicación.

Disposición adicional segunda. Acreditación do cumprimento das condicións exixidas

A Consellería de Economía, Emprego e Industria poderá requirir en todo momento a documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións exixidas nos diferentes programas desta orde.

Disposición adicional terceira. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria na persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego, para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, para autorizar, dispor, recoñecer a obriga e propor os correspondentes pagamentos, así como para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polas entidades beneficiarias, respecto das resolucións concesorias de que derivan, ditadas por delegación da persoa titular da consellería.

En caso de ausencia, vacante ou enfermidade da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego, as atribucións citadas no parágrafo anterior serán exercidas, temporalmente e mentres persistan aquelas circunstancias, pola persoa titular da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral ou, no seu defecto, pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, de acordo co disposto na disposición adicional primeira do Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Disposición adicional cuarta. Publicación da convocatoria na Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Facúltase a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file