Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 133, do xoves 14 de xullo de 2016, é necesario efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 30235, o artigo 2.5 queda redactado da seguinte forma:
«5. Se o orzamento asignado non é suficiente para proceder ao pagamento de todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación. Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentase nalgún dos lugares previstos no artigo 6 desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entre dúas ou máis solicitudes presentadas, a orde de prioridade virá determinada pola hora de presentación».
Na páxina 30285, no anexo I-C, elimínase na táboa a columna «COLECTIVO (1)» e a chamada a que fai referencia na parte inferior do cadro (chamada (1) pasando a chamada (2) a ser a chamada (1). Por isto, na columna «XORNADA (2)» debe poñer: «XORNADA (1)».
Na páxina 30298, no anexo III-B, no quinto recadro, onde di: «CADRO DE PERSOAL NO MES DA TRANSFORMACIÓN DO CONTRATO TEMPORAL EN INDEFINIDO», debe dicir: «CADRO DE PERSONAL NO MES DA CONTRATACIÓN TEMPORAL».
Na páxina 30305, no anexo IV-B, no quinto recadro do cadro de persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia, onde di: «Nº DE BAIXAS POR ALGUNHA DAS CAUSAS PREVISTAS NO ARTIGO 20.3, debe dicir: «Nº DE BAIXAS POR ALGUNHA DAS CAUSAS PREVISTAS NO ARTIGO 44.3».