De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois dos intentos de notificación persoal previstos nesa mesma norma, mediante este anuncio emprázanse a interesada que figura no anexo para ser notificada por comparecencia. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A persoa interesada ou o seu representante legal deberá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria; rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 2 de agosto de 2016
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Interesada |
CIF/NIF |
Núm. expediente |
Acto que se notifica |
C Mercedes CO 546 Lugo, S.L. |
B27461243 |
IN635C 2016/40-2 |
Acordo de incoación |