Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2016/2407-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Goa Invest, S.A.

Domicilio social: avda. Deputación, Edificio Inditex, s/n, 15142 Arteixo.

Denominación: proxecto de LMT soterrado, CS e CT para edificio residencia de ancianos e escola infantil.

Situación: rúa Río Tambre, 1, 15142 Arteixo.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, con inicio na liña de distribución SNB714 (entre o CT15CZ14 e o CR15CNN9), condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3(1x240 mm2) Al, lonxitude 30 m (30+30) e remate no CS proxectado.

Centro de seccionamento en edificio prefabricado soterrado compartido co centro de transformación. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 400 A, 16 kA).

Centro de transformación anexo ao CS con celas prefabricadas de seccionamento, protección e medida (24 kV, 400 A, 16 kVA) e un transformador de 800 kVA, refrixeración natural seco e relación 15-20 kV/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 3 de agosto de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña