Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2016 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado e tramitación urxente, da subministración, instalación e posta en funcionamento dunha caldeira de pellet para o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (expediente SU 02/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal).

b) Dependencia que tramita el expediente: Secretaría técnica do Ingacal.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: instalación, subministración e posta en funcionamento dunha caldeira de pellet para o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).

b) Tipo de contrato: subministración.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).

e) Prazo de execución: 30 de setembro de 2016.

f) CPV: 44621200 Caldeiras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

4. Orzamento de licitación:

a) Importe neto: 88.830,00 €.

b) IVE: 18.654,30 €.

c) Orzamento total: 107.484,30 €.

5. Garantías exixidas. Definitiva: o 5 % do valor de adxudicación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal).

b) Enderezo: Pazo de Quián, s/n, Sergude.

c) Localidade e código postal: Boqueixón, 15881.

d) Teléfono: 881 99 72 76.

e) Telefax: 981 54 66 76.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación da internet no enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será o Rexistro do Instituto Galego da Calidade Alimentaria, sito en Pazo de Quián, s/n, Sergude, 15881 Boqueixón, ou ben, por correo dentro do prazo de admisión indicado.

Cando a oferta se envíe por correo certificado a este rexistro, dentro de prazo de admisión sinalado, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío da oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día mediante telegrama, burofax, fax (981 54 66 76) ou correo electrónico (ingacal@xunta.es).

A presentación das proposicións en lugar distinto ao sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

b) Enderezo: Pazo de Quián, s/n, Sergude.

c) Localidade e código postal: Boqueixón, 15881.

d) Data e hora: as que se indiquen no enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/

9. Gastos de publicación: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria