Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36446

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 20 de xullo de 2016 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 19 de maio de 2015.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 140, do 26 de xullo de 2016, cómpre facer as seguintes correccións:

Primeiro. Anular na páxina 32659, por amortización da praza, a adxudicación a Manuel Diz González, DNI 35567405K, do posto número 1374, xefe da Oficina de Turismo adscrito á Axencia Turismo de Galicia da Presidencia da Xunta de Galicia en Tui, con código IC.C99.40.401.36540.001.

Segundo. Incorporar á relación de prazas ofertadas na fase de resultas o posto de traballo de auxiliar administrativo nivel 14 no IES Ribeira de Louro, con código ED.C99.40.201.36380.001. Esta incorporación implica os seguintes cambios na relación de prazas adxudicadas na Resolución do 20 de xullo:

• Modifícase na páxina 32668 a adxudicación do posto de traballo obtido por Ana María Rodríguez David, DNI 36146492Z, de xeito que onde di que obtén a praza 3435, con código MR.C99.20.143.36380.018, posto base subgrupo C2 de nivel 12, no Porriño, adscrito á Consellería do Medio Rural, cunha puntuación de 16,280 puntos; debe dicir que obtén a praza de auxiliar administrativa de nivel 14, no Porriño, adscrita á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, código ED.C99.40.201.36380.001, cun total de 16,280 puntos.

• Adxudícase a Isabel Allo Martínez, DNI 78795861T, a praza 3435, código MR.C99.20.143.36380.018, posto base subgrupo C2 de nivel 12, no Porriño adscrito á Consellería de Medio Rural, cunha puntuación de 14,050 puntos

Terceiro. Modificar na páxina 32630 a puntuación obtida por Sonia Fernández Borrajo, DNI 76714004B, adxudicataria da praza 1136, código TR.C99.40.801.15770.038, auxiliar administrativa de nivel 12, en Santiago de Compostela, adscrita á Consellería de Política Social, incrementándoa ata un total de 17,450 puntos.

Cuarto. Modificar na páxina 32647 a puntuación obtida por Elena Carmen Rilo Díaz, DNI 32410686Y, adxudicataria da praza 270, código MA.C99.10.007.15001.010, xefatura de sección I de nivel 25, na Coruña, adscrita á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, incrementándoa ata un total de 24,550 puntos.