Mediante Resolución do 28 de decembro de 2015 publicouse o acordo do Consello de Dirección que aprobou as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores (DOG núm. 247, do 29 de decembro) e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2016.
As ditas bases establecen no seu artigo 10.6 que, con carácter xeral, non se enviarán notificacións individuais da resolución e substituiranse pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da Resolución do 2 de agosto de 2016 de concesión das axudas para novos emprendedores, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe «Consulta de resolucións definitivas», http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas).
Segundo. A Resolución do 2 de agosto de 2016 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2016
Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica