Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 27 de xullo de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Coto, a favor dos veciños de Monte Asnal, na parroquia de Trasalba, no concello de Amoeiro (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 9 de xuño de 2016, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Coto, a favor dos veciños de Monte Asnal, na parroquia de Trasalba, no concello de Amoeiro (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 21 de abril de 2015, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de José Benito Alvárez Conde, no cal solicita a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas O Coto.

Segundo. Con data do 11 de febreiro de 2016, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abriu un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Denominación do monte: O Coto.

Superficie: 4.468 m2 (0,45 ha)

Pertenza: veciños de Monte Asnal.

Parroquia: Trasalba (San Pedro).

Concello: Amoeiro.

Parcelas que constitúen o monte: o monte está parcialmente constituído pola parcela de referencia catastral 32003A059000010001UE.

O Coto:

1. Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Polígono

Parcela

Superficie catastral

(m2)

Superficie en clasificación

(m2)

Amoeiro

59

1

4.817

4.468

2. Estremas.

a) Perímetro exterior.

Norte (parcelas catastrais numeradas de oeste a leste):

Concello

Polígono

Parcela

Amoeiro

59

205

204

31

2

3

4

Leste (parcelas catastrais numeradas de norte a sur):

Concello

Polígono

Parcela

Amoeiro

59

5

6

7

001600600NG89B0001TH (urbana)

001600500NG89B0001LH (urbana)

001600400NG89B0001PH (urbana)

Sur (parcelas catastrais numeradas de leste a oeste):

Concello

Polígono

Parcela

Amoeiro

59

Parte da 1

camiño

Oeste (parcelas catastrais numeradas de sur a norte):

Concello

Polígono

Parcela

Amoeiro

59

001600200NG89B0001GH (urbana)

001600300NG89B0001QH (urbana)

203

b) Perímetro interior (encravados).

Parcela 238 do polígono 59.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei “son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños”.

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao xurado provincial de clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante os testemuños dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado O Coto, a favor dos veciños de Monte Asnal, na parroquia de Trasalba, no concello de Amoeiro (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Ourense, 27 de xullo de 2016

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificción
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense