Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de xullo de 2016, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 74/77 e trece máis).

Na sesión que tivo lugar polo Xurado o día 27 de xuño de 2016, figuran os seguintes acordos:

Monte Picato, Serra do Val e Carballal (expediente 74/77), pertencente aos veciños do lugar de Recesende, da parroquia de Recesende, do concello de Baralla, clasificado polo Xurado con data do 31 de marzo de 1978, e monte Picato e Serra do Val (expediente 66/77), pertencente aos veciños da parroquia de Lebruxo, no termo municipal de Baralla, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado con data do 31 de marzo de 1978. Con data do 14 de abril de 2016, ten rexistro de entrada un escrito de Jesús Díaz González, como presidente da comunidade de Recesende, co cal achega un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 6 de abril de 2016 perante o Xulgado de Paz de Baralla; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 26 de maio de 2016 emite un informe en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 101). O monte Picato, Serra do Val e Carballal queda cunha superficie de 167,09 hectáreas, e o monte Picato e Serra do Val cunha superficie de 74,22 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Monciro, Fidalgueiros e Espiñeiros (expediente 28/78), pertencente aos veciños da parroquia de Pena, do concello de Castroverde, clasificado polo Xurado con data do 30 de abril de 1979, e monte Monciro (expediente 29/78), pertencente aos veciños da parroquia de Serés, no termo municipal de Castroverde, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado con data do 5 de febreiro de 1979. Con data do 14 de setembro de 2015, ten rexistro de entrada un escrito de Fernando Bouzas Díaz, como presidente da comunidade de Serés, co cal achega un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 9 de outubro de 2015 perante o Xulgado de Paz de Castroverde; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 20 de maio de 2016 emite un informe en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 71). O monte Monciro, Fidalgueiros e Espiñeiros queda cunha superficie de 188,41 hectáreas, e o monte Monciro cunha superficie de 216,11 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Amorín, San Fitoiro, Sales, Monciro e Salgueiros (expediente 25/78), pertencente aos veciños da parroquia de Meda, do concello de Castroverde, clasificado polo Xurado con data do 30 de abril de 1979, e monte Monciro (expediente 29/78), pertencente aos veciños da parroquia de Serés, no termo municipal de Castroverde, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado con data do 5 de febreiro de 1979. Con data do 14 de outubro de 2015, ten rexistro de entrada un escrito de Fernando Bouzas Díaz, como presidente da comunidade de Serés, co cal achega un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 9 de outubro de 2015 perante o Xulgado de Paz de Castroverde; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 22 de maio de 2016 emite un informe en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 70). O monte Amorín, San Fitoiro, Sales, Monciro e Salgueiros queda cunha superficie de 685,42 hectáreas, e o monte Monciro cunha superficie de 233,08 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Trasparga (expediente 30/75), pertencente aos veciños da parroquia de Trasparga, do concello de Guitiriz, clasificado polo Xurado con data do 31 de xullo de 1975, e monte de San Xoán (expediente 25/75), pertencente aos veciños da parroquia de San Xoán de Lagostelle, no termo municipal de Guitiriz, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado con data do 31 de xullo de 1975. Con data do 23 de marzo de 2016, ten rexistro de entrada un escrito de Antonio López Arias, como presidente da comunidade de San Xoán de Lagostelle, co cal achega un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 23 de febreiro de 2016 perante o Xulgado de Paz de Guitiriz; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 8 de xuño de 2016 emite un informe en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 92). O monte Trasparga queda cunha superficie de 419,15 hectáreas, e o monte de San Xoán cunha superficie de 1.328,88 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Trasparga (expediente 30/75), pertencente aos veciños da parroquia de Trasparga, do concello de Guitiriz, clasificado polo Xurado con data do 31 de xullo de 1975, monte de San Salvador (expediente 33/75), pertencente aos veciños da parroquia de San Salvador de Parga, do concello de Guitiriz, clasificado polo Xurado con data do 25 de agosto de 1975, e monte de Vilares (expediente 31/75), pertencente aos veciños da parroquia de Vilares, do concello de Guitiriz, clasificado polo Xurado con data do 31 de xullo de 1975. Con data do 23 de marzo de 2016, ten rexistro de entrada un escrito de Sonia Rivas Cascudo, como presidenta da comunidade de San Salvador, co cal achega un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, canto ás liñas divisorias que separan os montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 23 de febreiro de 2016 perante o Xulgado de Paz de Guitiriz; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 8 de xuño de 2016 emite un informe en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 93). O monte Trasparga queda cunha superficie de 429,45 hectáreas, o monte de San Salvador cunha superficie de 172,18 hectáreas e o monte de Vilares cunha superficie de 1.191,53 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Verducedo, Costa do Páramo e Costoiras (expediente 10/80), pertencente aos veciños da parroquia de Saa, no termo municipal do Páramo, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado con data do 16 de novembro de 1981 e monte Verducedo e Lomba (expediente 5/80), pertencente aos veciños da parroquia de Moscán, no termo municipal do Páramo, clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado con data do 16 de novembro de 1981. Con data do 12 de febreiro de 2016, ten rexistro de entrada un escrito de Eliseo Fernández García, como presidente da comunidade de Moscán, co cal achega un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 10 de xullo de 2015 perante o Xulgado de Paz do Páramo; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 20 de maio de 2016 emite un informe en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 84). O monte Verducedo, Costa do Páramo e Costoiras queda cunha superficie de 266,30 hectáreas, e o monte Verducedo e Lomba cunha superficie de 48,66 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Verducedo e Porqueira (expediente 13/80), pertencente aos veciños da parroquia de Vilafiz, no termo municipal do Páramo, clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado con data do 16 de novembro de 1981, e monte Verducedo e Lomba (expediente 5/80), pertencente aos veciños da parroquia de Moscán, no termo municipal do Páramo, clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado con data do 16 de novembro de 1981. Con data do 12 de febreiro de 2016, ten rexistro de entrada un escrito de Eliseo Fernández García, como presidente da comunidade de Moscán, co cal achega un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 10 de xullo de 2015 perante o Xulgado de Paz do Páramo; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 20 de maio de 2016 emite un informe en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 83), e indica que unha parte do deslindamento non é posible aprobalo por non seren estremeiros os montes. O monte Verducedo e Porqueira queda cunha superficie de 92,56 hectáreas, e o monte Verducedo e Lomba cunha superficie de 62,56 hectáreas (superficie final tendo en conta a avinza con Saa). Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Vilaxuste (expediente 19/75), pertencente aos veciños da parroquia de Vilaxuste, no termo municipal de Portomarín, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado con data do 31 de xullo de 1975, e monte de Caborrecelle (expediente 15/75), pertencente á parroquia de Caborrecelle, no termo municipal de Portomarín, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado con data do 31 de xullo de 1975. Con data do 8 de xullo de 2015, ten rexistro de entrada un escrito dos representantes das comunidades, co cal achegan un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 17 de abril de 2015 perante o Xulgado de Paz de Portomarín; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 4 de maio de 2016 emite un informe en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza (nº 69). O monte de Vilaxuste queda cunha superficie de 461,57 hectáreas e o monte de Caborrecelle cunha superficie de 341,06 hectáreas.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio do presente anuncio, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comunícanse os devanditos acordos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 26 de xullo de 2016

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo