Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36619

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (936/2013).

Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 en substitución do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 936/2013 por instancia de Juan Carlos Santos Garzo contra a empresa Bemimayo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 11.7.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por Juan Carlos Santos Garzo fronte á empresa Bemimayo, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Bemimayo, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de trece mil trescentos corenta euros (13.340 euros).

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E, para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Bemimayo, S.L. expido e asino a presente notificación.

A Coruña, 20 de xullo de 2016

O secretario xudicial