Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36617

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (185/2016).

Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 en substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 185/2016 por instancia de Manuel Rodríguez López contra a empresa Eulen Seguridad, S.A., a empresa Falcón Contratas y Seguridad, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, en que recaeu sentenza en data do 12.7.2016 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Manuel Rodríguez López fronte ás empresas Eulen Seguridad, S.A. e Falcón Contratas y Seguridad, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento de Manuel Rodríguez López.

– Absólvese a Eulen Seguridad, S.A. das pretensións fronte a eles exercidas.

– Condénase a Falcon Contratas y Seguridad, S.A. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 55.201,20 euros, determinado o aboamento da dita indemnización a extinción do contrato de traballo; en caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente data ascenden a 8.138,88 euros, aos cales deberán engadirse os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 50,24 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Falcón Contratas y Seguridad, S.A. expido e asino a presente notificación.

A Coruña, 20 de xullo de 2016

O secretario xudicial