1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.
2. Obxecto: contratación da obra de adaptación da planta baixa para laboratorio central (CORE) da estrutura organizativa de Xestión Integrada no Hospital do Meixoeiro de Vigo, cofinanciado nun 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014-2020, OE 9.7.1.
3. Nº de expediente: AB-SER3-16-025.
4. Clasificación CPA: 41.00.40.
5. Clasificación CPV: 45262700-8.
6. Valor estimado: 992.492,65 €.
7. Orzamento total sen IVE: 992.492,65 €.
8. Orzamento total con IVE: 1.200.916,11 €.
9. Prazo de execución: tres (3) meses.
10. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación exixida: grupo C, subgrupo 2, categoría 4.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver as cláusulas 13.II.a) e 13.II.b) da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).
c) Compromiso de medios persoais: ver a cláusula 13.III da folla de especificacións do PCAP.
11. Garantía provisional: non se exixe.
12. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
13. Forma de tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
14. Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito á regulación harmonizada).
15. Acceso aos pregos e proxecto: poderanse obter o PCAP e o proxecto desta contratación no perfil do contratante http://www.sergas.es/
16. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.
17. Documentación que deberán presentar os licitadores: véxase o PCAP desta licitación.
18. Criterios de valoración: os definidos na cláusula 10 da folla de especificacións e no punto 4.5 do PCAP desta licitación.
19. Apertura de proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante http://www.sergas.es/.
20. Anuncios: serán por conta do adxudicatario da contratación.
Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2016
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos