Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 37172

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación do expediente de contratación OA-03-2016.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Nº de expediente: OA-03-2016.

1.2. Obra incluída no Plan de acción social da Deputación Provincial da Coruña-PAS 2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: renovación e mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública, no Pedrido (Bergondo); complementariamente, como obxecto accesorio, a finalidade do contrato enmárcase dentro da política de fomento do emprego que deben adoptar os poderes públicos no ámbito das súas respectivas competencias.

b) Lugar de execución: Concello de Bergondo.

c) Prazo de execución (meses): 4 (catro).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de valoración: factor prezo.

4. Orzamento de licitación:

Valor estimado: 132.885,71; B. IVE (21 %): 27.906,00 €; importe total: A+B: 160.791,71 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

Clasificación indicativa para os efectos do disposto no artigo 65.1.a), parágrafo 2º do TRLCSP: grupo I; subgrupo 1; categoría 3.

8. Condición especial de execución. Contratación para adscrición durante o prazo de execución do contrato dunha persoa en situación de desemprego. Cláusula 18.1 do prego e punto 13 do cadro de características do contrato.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 26 días naturais, contado desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a simplificada sinalada na cláusula 12.1.2 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que haberán de rexer para a contratación mediante procedemento aberto (cun único criterio de valoración: factor prezo) das obras comprendidas nos plans provinciais e outras obras provinciais (BOP núm. 3, do 7.1.2016).

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral.

2ª. Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

3ª. Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

10. Apertura das ofertas:

a) Data: o quinto día hábil seguinte ao remate do prazo de presentación de proposicións. No caso de coincidir en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: 13.00 horas.

11. Outras informacións: obterase no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio e no perfil do contratante: www.bergondo.es

12. Gastos dos anuncios:

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego-tipo e no cadro de caracteristicas do contrato.

Bergondo, 10 de agosto de 2016

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa